Asgard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado info da en.wiki
Liña 5:
== Construción ==
Trala guerra cos [[Vanir]], as súas murallas foron destruídas, quedando vulnerable ó ataque dos xigantes. Para reconstruílas, os [[Æsir]] contrataron os servizos dun [[Jotun|xigante]] que acordou reparar as murallas nun tempo moi curto, e os deuses aceptaron influídos por [[Loki]], que de ter sido así, cederíanlle en pago polo seu traballo o Sol, a Lúaa, e á deusa [[Freia]]. O arquitecto posuía un cabalo marabilloso quen de transportar nun instante masas incribles de rocha chamado [[Svaðilfari|Svadilfari]]; tanto e tan ben actuou que, poucos días antes do prazo fixado, o pazo aproximábase á súa perfección. Os deuses, que estableceran o pacto porque crían que o xigante non sería quen de cumprilo, sentiron medo, e ocorréuselles crear unha egua marabillosa (que era, de feito, [[Loki]] disfrazado), á que puxeron no camiño do cabalo. Este abandonou o seu traballo para perseguila, e o xigante non puido rematar o traballo como prometera. Furioso pola súa derrota, o xigante quixo lanzarse contra os deuses, pero [[Thor]] derrubouno.
 
== Fontes ==
[[Ficheiro:Manuscript Gylfi.jpg|miniatura|300px|Na ''[[Edda prosaica]]'', [[Gylfi]], rei de Suecia antes da chegada dos [[Æsir]] baixo o mando de [[Odín]], viaxa a Asgard e cuestiona ós tres oficiais sobre os Æsir, e estes engánano. Os oficiais só teñen un ollo, signo de Odín. Un dos seus atributos é que pode facer que o falso pareza certo. Manuscrito islandés do século XVIII.]]
As fontes primarias sobre Asgard proveñen da ''[[Edda prosaica]]'', escrita no [[século XIII]] polo escritor [[Islandia|islandés]] [[Snorri Sturluson]], e da ''[[Edad poética]]'', compilada tamén no século XIII, sobre unha base de [[poesía escáldica|poemas escáldicos]] moito máis antigos.
 
=== Edda poética ===
''[[Völuspá]]'', o primeiro poema da Edda, menciona varias das características e lugares do Asgard descrito por Snorri, como por exemplo, [[Yggdrasil]] e [[Iðavöllr]].
 
=== Edda prosaica ===
A [[Edda prosaica]] presenta dúas visións de Asgard.
 
==== ''Prólogo'' ====
No ''prólogo'', Snorri da unha interpretación influenciada polo cristianismo sobre os mitos e contos dos seus antergos. Sturluson conxectura que As-gard é o fogar dos Æsir (singular Ás) en As-ia, facendo unha conexión [[Etimoloxía popular|etimolóxica popular]] entre os tres "As-"; isto significa que os Æsir eran en realidade "homes de Asia", e non deuses, que migraron de Asia ó norte e que algúns comezaron a casar coa xente da rexión. As interpretacións de Snorri, presaxian as ideas do século XX da migración [[Linguas indoeuropeas|indoeuropea]] dende o leste.
 
Snorri tamén escribe que Asgard é unha terra máis fértil que ningunha outra, bendicida cunha gran abundancia de ouro e xoias. Os Æsir sobresaían entre todas as demais persoas pola súa forza, beleza e talento.
 
Snorri propón a localización de Asgard como [[Troia]], centro da terra. Nela había 12 reinos e 12 xefes. Un deles, Múnón, casou coa filla de [[Príamo]], Tróán, e tivo un fillo con ela, Trór, que en [[antigo nórdico]] pronunciábase [[Thor]]. Este último foi criado en [[Tracia]]. Ós doce anos de idade, era máis branco que o marfil, tiña o cabelo máis claro que o oro e podía erguer 10 peles de osos á vez. Cos años, explorou ó longo e ancho do mundo. Odín, liderou unha migración ás terras setentrionais, onde se xuntou con moitas esposas e tivo moitos fillos, poboando todo o norte con Aesir. Un dos fillos de Odín era [[Yngvi]], fundador da [[casa de Yngling]], unha antiga dinastía real [[Suecia|sueca]].
 
==== ''Gylfaginning'' ====
[[Ficheiro:Odin and his brothers create the world.jpg|miniatura|dereita|Unha representación de como [[Odín]], [[Vili]] e [[Vé]] crearon o mundo. Ilustración de Lorenz Frølich.]]
En ''[[Gylfaginning]]'' (''”Engano de Gylfi”''), Snorri presenta a súa versión mitolóxica. Nese momento, os islandeses estaban sendo convertidos ó cristianismo, polo que el non puido presentar os mitos como parte dunha crenza actual. Recorre, en troques, a unha estrataxema desacreditadora: Gylfi, rei de Suecia anterior ós Æsir, viaxa a Asgard e encóntrase cun gran salón ([[Valhalla]]) na segunda sección.
 
Dentro hai tres oficiais, ós que [[Gylfi]], baixo a aparencia de [[Gangleri]], pódelles facer preguntas sobre Asgard e os Æsir. O que sigue é unha revelación dos antigos mitos, pero ó final, o pazo e a xente desaparecen nun trono e Gylfi encóntrase só nunha chaira tras ter sido enganado (Sección 59).
 
En ''Gylfaginning'', o antigo Asgard estaba rexido por un deus maior, o pai de todo, que tiña doce nomes. Era o señor de todo e o creador do ceo e a terra (Sección 3). Durante a creación, a vaca cósmica [[Auðumbla]] lambeu a [[Buri]] do xeo. O seu fillo, [[Bor (deus)|Bor]] enxendrou a [[Odín]], [[Vili]] e [[Vé]], que construíron o universo dos restos del xigante [[Ymir]] e puxeron a [[Midgard]] nel como residencia para a primeira parella de humanos, [[Ask e Embla]], que crearon na sección 9.
 
Os fillos de Bor construíron Asgard como un fogar para os Æsir. Asgard está concibida na terra, e un ponte de arco da vella, [[Bifröst]], conecta co paraíso (Sección 13). Dentro de Asgard hai un templo para os 12 deuses, [[Glaðsheimr]], e outro para as 12 deusas, [[Vingólf]] e a chaira de [[Iðavöllr]] é o centro (Sección 14).
 
Despois do [[Ragnarök]], a terra volverase a erguer do mar, máis fermosa que antes, e onde antes se erixía Asgard, os remanentes dos Æsir uniranse tras saír de [[Helheim]].
 
==== ''Skáldskaparmál'' ====
O escaldo do século X, [[Þorbjörn dísarskáld]] é citado na ''[[Skáldskaparmál]]'' declarando:
<blockquote>
''"Thor defendeu Asgard e ó pobo [os deuses] de Ygg [Odín] coa súa forza."''<ref name=LINDOW />
</blockquote>
 
=== ''Heimskringla'' ===
==== ''Saga dos Ynglingos'' ====
Nas primeiras estrofas da ''[[Saga dos Ynglings]]'', Asagarth é a capital de Asaland, unha sección de Asia ó leste do río Tana-kvísl ou Vana-Kvísl (kvísl é "brazo"), o cal Snorri explica é o [[Tanais]], ou o [[Río Don|Don]], fluíndo cara o [[Mar Negro]].
 
Odín é o xefe de Asagarth. De alí conduce e envía expedicións militares a tódalas partes do mundo. Ten a virtude de xamais ter perdido unha batalla (sección 2). Cando se encontra lonxe, os seus dous irmáns, Vili e Vé, gobiernan Asaland dende Asagarth.
 
== Notas ==