Mitoloxía nórdica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 25:
Unha fría e escura morada chamada [[Niflheim]] era rexida por [[Hela]], filla de [[Loki]]. De acordo á ''[[Edda prosaica]]'', este era o derradeiro lugar de residencia da maioría dos mortos. Estaba situado nalgún lugar ó sur do ardente reino de [[Muspelheim]], fogar dos xigantes de lume.
 
Entre outros reinos que compoñen esta cosmoloxía destacan [[Alfheim]], fogar dos [[Dökkálfar e Ljósálfar|elfos]] da luz]] ([[ljósálfar]]), [[Svartálfaheim]], fogar dos [[Dökkálfar e Ljósálfar|elfos escuros]]. En medio de Asgard e Niflheim atopábase [[Midgard]], a rexión baixa do ceo, o mundo habitado polos humanos.
 
A cosmoloxía da mitoloxía nórdica inclúe un forte compoñente de [[dualismo|dualidade]]. Por exemplo o día e a noite teñen as súas contrapartidas mitolóxicas [[Dagr]]/[[Skinfaxi]] e [[Nótt]]/[[Hrímfaxi]], o sol e o lobo que a persegue (nesta mitoloxía "o" sol é feminino e "a" lúa, masculina), traendo a escuridade [[Sól]] e [[Sköll]], a lúa e o lobo que lo persegue [[Máni]] e [[Hati]], e a oposición total entre [[Niflheim]] e [[Muspelheim]] que da orixe ó mundo. Isto pode verse reflectido nunha profunda crenza [[metafísica]] nos opostos para a creación do universo.