Múnic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ay:München
Liña 32:
 
== Historia ==
O asentamento foi fundado como ''Munichen'' no [[1158]] por [[Henrique o León]], duque de [[Saxonia]], e media centuria despoisdes petit pois conseguía o título de cidade e era fortificada. Inicialmente, o bispo [[Otto von Freising]]([[Freising]]) e Henrique disputáronlle a cidade ao emperador no ''[[Reichstag]]'' en [[Augsburgo]]; no [[1180]], co acordo de Henrique o León, [[Otto de Wittelsbach]] fíxose [[duques de Baviera|duque de Baviera]], fundando a dinastía [[Wittelsbach]], que dirixiría Baviera até [[1918]]. No [[1255]], o ducado de Baviera dividiuse en dous, e Múnic converteuse na capital da [[Alta Baviera]].
 
No [[1327]], a cidade enteira foi destruída polo lume, pero reconstruída con éxito algúns anos despois por [[Luís IV]], quen tiña daquela o trono do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. No [[1632]] a cidade caeu baixo control de [[Gustavo Adolfo II de Suecia]] na [[Guerra dos Trinta Anos]], pero no [[1705]] foi reconquistada polos [[Habsburgo]]. A primeira institución académica da cidade, a [[academia Bávara de Ciencias]], foi fundada na cidade no [[1759]]. A cidade creceu de xeito rápido até se converter nunha das maiores cidades da [[Europa]] continental. No [[1806]], chegou á capitalidade do estado monárquico bávaro, sede do parlamento estatal (''[[Landtag]])'' e da nova arquidiocese de Múnic e Freising. Vinte anos despois outra prestixiosa institución educativa, a [[Universidade Landshut]], asentouse en Múnic.