Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Calrosfking»

sen resumo de edición
:: Eu teño, entre moitas outras (seguro que teño máis ca el), a mesma teima que Lameiro da "coherencia interna". Pero vou máis alá, e si que <u>me preocupa moito</u> que os títulos dos artigos referidos a '''grupos taxonómicos''', é dicir, ''colectivos'', vaian en singular; e non só por coherencia, senón por fidelidade á etimoloxía: en todos os casos, trátase da adaptación dun nome científico '''''en plural''''' (p. ex. ''[[Arthropoda]]'', ''[[Bryozoa]]'', ''[[Chaetognatha]]'', etc.). Non debería ser necesario recordar (pero parece que si o é) que os nomes dos [[taxon]]s biolóxicos, agás o [[xénero (bioloxía)|xénero]], son '''substantivos''' (masculinos, femininos ou neutros) '''''en plural''''' e que, por outra parte, en latín non existe o artigo, polo que hai que mirar a desinencia. Para min é noxento que, p. ex., o artigo '''[[Mosca]]''' comece dicindo que «Mosca é o nome común dun extenso grupo de especies de insectos pertencentes á orde dos dípteros (Diptera)», e que a '''clasificación científica''' que se inclúe sexa, precisamente, a desa orde, a dos ''Diptera'' (resulta obvio que o nome do artigo debería ser '''Dípteros'''). Desde que comezou o ano (é dicir, despois da marca das SS. MM. os reis magos) ando dedicado a revisión dos artigos referidos a [[filo]]s de animais e, á vista da ''desfeita'', fixen constar, na páxina de conversa de cada un dos ''inapropiados'', a conveniencia do cambio (polo de agora, só ''tiven éxito'' en [[Artrópodos]]). Alén diso, tamén fixen, na '''Taberna''', un chamamento aos administradores: [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_(propostas)&action=edit&section=15 Chamamento aos administradores: cambios de títulos]<br>no que dou unha '''Lista de artigos que necesitan revisión do título e, no seu caso, modificación.''' Pero semella que os administradores aínda andades de vacacións. --'''[[Usuario:Xoio|Xoio]]'''<sup>''[[Conversa Usuario:Xoio|Éche o que hai]]''</sup> 15 de xaneiro de 2013 ás 18:51 (UTC)
::: Respecto ó caso particular de [[Mosca]]. Se ben a norma xeral é utilizar o nome do grupo taxonómico como tìtulo, neste caso [[Dípteros]], tamén o é que temos que buscar o nome máis coñecido (hai que pensar tamén no usuario). Este artigo ten a particularidade de qaue o nome común '''mosca''' se aplica a (case) tódalas moscas, o que converte en sinónimos de facto mosca=dípteros. Vamos, que o que eu propoño sería deixalo estar e comezar con algo así como ''Co nome común de '''mosca''' desígnase un extenso grupo de especies de insectos pertencentes á orde dos dípteros (Diptera)''. Iso si, cómpre crear a entrada [[Dípteros]] que redirixa a [[mosca]]. Xa me contarás que che parece a idea. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 15 de xaneiro de 2013 ás 21:53 (UTC)
::::Discrepo. Para mín, a solución máis axeitada, tendo en conta que efectivamente '''mosca''' (e mais '''mosquito''') é un termo moitísimomo máis coñecido que '''dípteros''' (faltaría máis) sería edstoutra,. que xa emñpreguei (sen protestas) noutros casos similares:
:::::::<big>'''Dípteros'''<br>('''''Diptera''''')<br>'''Moscas e mosquitos'''</big>
::::que tampoco non hai que esquecer estes últimos (nin aos '''tabáns'''). Que é a solución adoptada, finalmente, para a páxina [[Tiburóns]]. Pero ''nunca'' admitiría (intelectualmente falando) un títuilo en singular que tratase dun colectivo.--'''[[Usuario:Xoio|Xoio]]'''<sup>''[[Conversa Usuario:Xoio|Éche o que hai]]''</sup> 16 de xaneiro de 2013 ás 12:31 (UTC)
 
==Borrasca==
28.711

edicións