Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 124:
Eu teño, entre outras, a teima da coherencia interna e por iso moléstanme especialmente estes distintos tratamentos. Non me preocupa gran cousa que se escriban en singular ou en plural, sempre que se faga da mesma forma. Sei que as nosas normas están aí para cumprilas... ou para propoñe-los cambios que se vexan oportunos. E aí entras ti: pídoche que lle botes un vistazo e propoñas unhas liñas directrices á hora de titular e de categorizar. Logo someterémolas a consenso ou, se fose preciso, a votación. Xa me contarás que opinas. Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 16:16, 31 decembro 2008 (UTC)
 
:: Eu teño, entre moitas outras (seguro que teño máis ca el), a mesma teima que Lameiro da "coherencia interna". Pero vou máis alá, e si que <u>me preocupa moito</u> que os títulos dos artigos referidos a '''grupos taxonómicos''', é dicir, ''colectivos'', vaian en singular; e non só por coherencia, senón por fidelidade á etimoloxía: en todos os casos, trátase da adaptación dun nome científico '''''en plural''''' (p. ex. ''[[Arthropoda]]'', ''[[Bryozoa]]'', ''[[Chaetognatha]]'', etc.). Non debería ser necesario recordar (pero parece que si o é) que os nomes dos [[taxon]]s biolóxicos, agás o [[xénero (bioloxía)|xénero]], son '''substantivos''' (masculinos, femininos ou neutros) '''''en plural''''' e que, por outra parte, en latín non existe o artigo, polo que hai que mirar a desinencia. Para min é noxento que, p. ex., o artigo '''[[Mosca]]''' comece dicindo que «Mosca é o nome común dun extenso grupo de especies de insectos pertencentes á orde dos dípteros (Diptera)», e que a '''clasificación científica''' que se inclúe sexa, precisamente, a desa orde, a dos ''Diptera'' (resulta obvio que o nome do artigo debería ser '''Dípteros'''). Desde que comezou o ano (é dicir, despois da marca das SS. MM. os reis magos) ando dedicado a revisión dos artigos referidos a [[filo]]s de animais e, á vista da ''desfeita'', fixen constar, na páxina de conversa de cada un dos ''inapropiados'', a conveniencia do cambio (polo de agora, só ''tiven éxito'' en [[Artrópodos]]). Alén diso, tamén fixen, na '''Taberna''', un chamamento aos administradores: [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_(propostas)&action=edit&section=15 Chamamento aos administradores: cambios de títulos]<br>no que dou unha '''Lista de artigos que necesitan revisión do título e, no seu caso, modificación.''' Pero semella que os administradores aínda andades de vacacións. --'''[[Usuario:Xoio|Xoio]]'''<sup>''[[Conversa Usuario:Xoio|Éche o que hai]]''</sup> 15 de xaneiro de 2013 ás 18:51 (UTC)
 
==Borrasca==