Roca, Guitiriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
* ó norte ou Roca da Riba - Altamira, Penaescada ou Penas, Quintán, Santa Ana e Lamas
* ó sur ou Roca da Baixo - Portodola, Fontecurral, Alto e A Ponte
'''Situación e orografía'''.
Atópase situada entre os paralelos 43º 10` 20” e 43º 12`30” latitude Norte, 7º 46` 40” e 7º 49`34”longitude Oeste. Tamén no mapa Topográfico Nacional nº 47-III (13-10) de escala 1:25000. É un terreo suavemente montañoso, oscilando entre os 400 e 600m, aproximadamente. As elevacións maís importantes atópanse no Leste, nunha cadea que vai de Sur a Norte, na que destacan como maiores elevacións o Penedo da Perdíz, Alto do Curro de Carlos, Penedo do Seixiño, Pena Gallada, Monte Redondo, Altos de Fontemalle, Mouteira e Lobateira. Parte destas elevacións forman parte de esa muralla que dende a chaira luguesa pódese observar ó Oeste como delimitándoa.
A partir deste serrón, todas as augas verten hacia o Sur e Oeste, formando pequenos regatos,, entre os que podemos citar o da Perdíz, Fontemalle, Castellanos ou Picharegas, Quintán ou Zancas e Pedracoba ou Ramallal, que case serve como linde natural con Santa Cruz.
Liña 9:
A zona situada o Leste coas elevacións nomeadas no anterior apartado, está plantada a pinos, de forma ordenada, explotada en plan comunitario. Nas vertientes que saen destes outeiros, abundan as árbores autóctonas, como os carballos, vidueiros, ameneiros, salgeiros e castiñeiros. Nos terreos ermos predominan os toxos, pudias, xestas, carpazas, carqueixas, fieitos e silvas. En canto a fauna silvestre é frecoente ver xabarín, corzo, zorro e coello. Polo que se refire as aves, abunda o corvo, pega, rula, pombo, gorrión, paporroibo, lavandeira, gaio, xílgaro, merlo, peto, cuco e bubela, por citar algúns. En canto a riqueza piscícola, mermou bastante dende a implantación dunha
industria o caron do río Requeixo, así como as posibles escorrentías de grandes explotacións gandeiras situadas noutras parroquias no seu curso alto.
'''Habitantes e a súa economía'''
A poboación fixa ronda os 70 habitantes, distribuidos nunhas 24 casas habitadas, dun total de 40 que forman o total da parroquia. Como a maioría da Galicia interior a súa economía basábase en pequenas explotacións agrícolas e gandeiras, pero co envellecemento, a despoboación e o minifundismo non rendable, apenas se quedan a metade das casas con gandería. A pouca xente nova que queda, adicase a outras profesións ou oficios, que pouco ou nada teñen que ver coas ocupacións dos seus antepasados.
Ten boas comunicacións, xa que a atravesan polo Sur a estrada N-VI e a autoestrada A-6 con saída a 2 Km na veciña parroquia de Transparga, ou a 4 Km en Bahamonde. Estas facilidades posibilitan que sexa posible vivir aquí e traballar en cidades e poboacións cercanas. O ferrocarril pasa tamén polo extremo Sur.
'''Que ver, en que pasar o tempo'''
O abandono do campo fai que sexa un lugar tranquilo, sen ruídos de maquinaria, ideal para segunda residencia, pasear a pé ou a cabalo, un paraiso para a bici de montaña por os seus abundantes sendeiros, corredoiras, e fondas congostras sen apenas tránsito. Abondan as fragas no curso dos regatos anteriormente nomeados.
As ladeiras dos ríos Requeixo e Parga gardan fermosos lugares, así como algún que outro muiño e caneiro xa abandonados.
Tamén é recomendable visitar o interior da igrexa recientemente restaurada, e a capela de Santa Ana da que só queda o edificio.
E para os amantes e investigadores do antigo a visita os dous castros, un deles pouco valorado e quizais nin sequera catálogado, posto que poucas ou ningunha publicación o cita, situado o carón da zona dos Formigueiros, rodeado dun regato, por o tanto estratexicamente ven situado. O outro que si figura na cartografía oficial e nalgúns libros ou publicacións, cercano a Quintán, no lugar das Pedreiras.
Tamén sito en Neste mesmo lugar de Quintán, atópase un exemplo de casa de labranza de hai uns 200 ou 300 anos, segundo se deduce da súa distribución interna e servizos. É merecedora dun estudo profundo.
 
{{Guitiriz}}