Pleomorfismo (citoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
O pleomorfismo é característico de [[neoplasma maligno|neoplasmas malignos]], e da [[metaplasia]]. Porén, certos tipos (benignos) de células poden ter tamén pleomorfismo, por exemplo, [[célula neuroendócrina|células neuroendócrinas]] ou [[reacción Arias-Stella]]. Na reacción de Arias-Stella as células do [[endometrio]] [[útero|uterino]] sofren unha serie de cambios, que aparentan ser cancerosos, pero que son benignos, e que se caracterizan polo agrandamento dos núcleos celulares e con frecuencia [[envoltura nuclear|membranas nucleares]] irregulares, [[cromatina]] granular, vacuolización centronuclear, e inclusións pseudonucleares<ref> Arias-Stella, J. (Jan 2002). "The Arias-Stella reaction: facts and fancies four decades after.". Adv Anat Pathol 9 (1): 12–23. PMID 11756756.</ref>.
 
Cando se producen danos no epitelio da córnea con perda de células endoteliais, as células desprázanse en dirección á área lesionada para encher aquel espazo, aumentando o seu tamaño e tamén alterando a súa forma (pleomorfismo), o que ten como resultado a reparación da lesión.
 
As células anaplásticas<ref>[http://www.biology-online.org/dictionary/Anaplasia biology on-line]</ref> de [[tumor]]es mostran un marcado pleomorfismo. Os seus núcleos son caracteristicamente moi hipercromáticos, polo que se tinguen moi escuros, e son moi grandes. A relación núcleo-citoplasma pode aproximarse a 1:1 en vez das máis normais 1:4 ou 1:6. Poden orixinarse células xigantes, que son considerablemente maiores ca as súas veciñas e que posúen enormes núcleos ou varios núcleos ([[sincitio]]s), os cales son variables e raros en forma e tamaño, con [[cromatina]] espesa e agrupada e grandísimos [[nucléolo]]s.