Diferenzas entre revisións de «ESRO 2B»

m
Algo máis de info
m (Algo máis de info)
== Características ==
ESRO 2B foi un dos membros do conxunto de satélites [[ESRO (satélites)|ESRO]] adicados a facer investigacións científicas. A misión do satélite consistíu en facer observacións do [[Sol]] e estudar os [[raios cósmicos]], continuando as observacións feitas polo satélite [[OSO D]] da [[NASA]], lanzado o ano anterior. O experimento de partículas foi deseñado para continuar as medicións iniciadas polo satélite [[Ariel 1]], do [[Reino Unido]]. ESRO 2B estabilizábase mediante xiro, a 40 r.p.m., e completou 16.282 voltas á [[Terra]] antes de reentrar na [[atmosfera]] o 8 de maio de 1971, sobre as 3:00 [[Tempo Universal Coordinado|UT]]. O satélite funcionou sen problemas ata o 10 de decembro de 1968, en que fallou a grabadora de datos, disminuíndo nun 80% o retorno de datos. ESRO 2B foi inxectado nunha órbita inicial de 1090 km de [[apoxeo]] e 330 km de [[perixeo]], cunha [[inclinación orbital]] de 97,2 [[Grao sesaxesimal|graos]] e un [[Período orbital|período]] de 98,9 [[minuto]]s.<ref name=astronautix/><ref name=UNOOSA/><ref name=n2yo/><ref name=UNOOSA2/><ref name=NSSDC/><ref name=astron/>
 
== Instrumentos ==
ESRO 2B levaba a bordo os seguintes instrumentos:<ref name=gunter/><ref name=NSSDC/>
 
=== Monitor de fluxo de partículas enerxéticas ===
Este experimento foi deseñado para medir o fluxo de partículas enerxéticas na vecindade da Terra mediante dous [[Tubo Geiger|tubos Geiger]] estándar (modelos Anton 320 e Anton 112). Os detectores proporcionaron datos sobre os raios cósmicos e os cintos de radiación para comparalos cos datos obtidos cos instrumentos de outros satélites. O tubo modelo Anton 112 foi usado para estudar os fluxos de partículas por debaixo da rexión de máximo atrapamento do cinto interior. O detector Anton 302 traballaba no rango de enerxías de ata 3 [[Electrón-volt|MeV]] para electróns e de ata 20 MeV no caso de protóns, e o Anton 112 no rango de ata 1 MeV para electróns e de 15 MeV para protóns. O [[ángulo de visión]] do Anton 302 con respecto do eixo de rotación do satélite era de 90 graos. O experimento funcionou sen problemas durante a misión, excepto algunha dificultades menores atopadas entre xullo e setembro de 1968. O investigador principal do instrumento foi o profesor [[Harry Elliot]].<ref name=NSSDC1>{{Cita web|url= http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/experimentDisplay.do?id=1968-041A-01|título= Monitor of Energetic Particle Flux|dataacceso=13 de xaneiro de 2013|autor= NASA|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= 14 de maio de 2012|ano= |mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
 
=== Detector de [[protón]]s solares e do [[cinto de Van Allen]] ===
=== Detector de protóns e [[Partícula alfa|partículas alfa]] solares e [[Galaxia|Vía Láctea]] ===
=== Detector de raios cósmicos primarios e [[electrón]]s ===
=== Detector de [[raios X]] solares duros ===
=== Detector de raios X solares suaves ===
=== Detector e espectrómetro de fluxo e enerxía de raios cósmicos solares e galácticos ===
 
== Notas ==
6.751

edicións