Capudre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 26:
 
== Descrición ==
[[Árbore|Arboriña]] [[caducifolio|caducifolia]] que acada os 15 m ou 20 m de altura. O [[troncoTronco (árbore)|toro]] é recto coa cortiza pardo cinsenta, gretada nos adultos. A copa é ampla de forma trasovada ou ovoide. As [[Xema (botánica)|xemas]] son moi aveludadas. As [[folla]]s dispóñense alternas ao longo das pólas, compostas e imparipinnadas, oblongas e de bordos serrados, presenta de 9 a 15 [[folíolo]]s, cunhas dimensións de 2,5 a 6 cm, até 9 cm. As [[inflorescencia]]s son hermafroditas e se producen en grandes corimbos terminais de 8 a 15 cm de diámetro con máis de 250 flores, cada unha derredor de 1 cm de diámetro con cinco [[pétalo]] branco-cremosos, que polinizan os insectos.<br>
O [[froito]], que chega entre setembro e outubro, é un [[Pomo (froito)|pomo]] miúdo de entre 4 a 8 [[mm]] de diámetro, carnoso e de forma globosa de cor alaranxada brillante ou vermello coral, moi semellante á [[sorba]] mais do talle dunha [[cereixa]]; fican deica o inverno na árbore. Porén, existen tamén algunhas variedades rosadas, amarelas e albas entre as especies asiáticas. O froito é doce e acedo ao mesmo tempo, cun alto contido en [[vitamina]] C. Ademais son moles e zumarentos o que os fai doada comida para os [[paxaro]]s, principalmente, o [[picoteiro]] (''[[Bombycilla garrulus]]'') e os [[merlo]]s (coma a especie asiática ''[[Turdus dissimilis]]''), que espallan posteriormente as sementes do cancereixo coas excrecións.