Escudo de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
O '''escudo de [[Rusia - Россия|Rusia]]''' ten as súas orixes no antigo [[Rusia Imperial|Imperio Ruso]], e foi restablecido despois da caída da [[Unión Soviética]]. A pesar de que sufriu varias modificacións dende o reinado de [[Iván III de Rusia|Iván III]] ([[1462]]-[[1505]]), como o cambio da cor da aguia de negro a ouro e a eliminación dos escudos dos territorios dominados por Rusia que rodeaban ó brasón central, o escudo actual deriva directamente das diferentes versións anteriores. O deseño [[Cor|cromático]] xeral corresponde ó do estandarte usado no [[século XV]], e a forma da aguia remóntase á época de Pedro o Grande ([[Pedro I de Rusia|Pedro I]]).
 
Consiste nun campo de [[goles]] cun aguia bicéfala de ouro, coas ás despregadas. Sobre o seu peito atópase o [[escudo de Moscova]], o cal tamén presenta un campo de goles onde se sitúa un xinete de prata cunha capa de [[azur]], montado sobre un cabalo tamén de prata, matando coa súa lanza a un dragón de cor sabre. Tradicionalmente, o xinete representa a [[Xurxo de Capadocia|San Xurxo]]. A aguia sostén nas súas gadoupas un orbe e un cetro, e as súas testas están coroadas cada unha con coroas imperiais, e entre estas, sitúase outra meirande, unidas as tres por unha cinta.
 
Os dous maiores elementos representativos dos [[símbolo]]s do Estado ruso (a aguia bicéfala e [[Xurxo de Capadocia|San Xurxo]] matando ó dragón) son anteriores a [[Pedro o Grande]]. O Selo de Estado de Iván III, [[Duque]] de [[Moscova]], presentaba un xinete matando (ou loitando) a un dragón. A figura non foi identificada oficialmente como San Xurxo até [[1730]], cando foi descrito como tal nun decreto imperial. A forma antiga (un asasino de [[dragón|dragóns]] montado coñecido como San Xurxo o Vitorioso, en [[Lingua rusa|ruso]] ''Победоносец'') sempre estivo asociada co [[Gran Ducado de Moscova]], converténdose máis tarde no [[Escudo de Moscova|escudo de armas oficial da cidade de Moscova]]. A representación gráfica máis antiga dun xinete con lanza ([[1390]]) figura nun selo do príncipe Vasiliy Dmitriyevich. A serpe ou dragón foi engadida durante o mandato de Iván III. San Xurxo converteuse dende aquela no patrón de Moscova (e, por extensión, de Rusia).
 
== Evolución histórica ==