Espirilo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
::''Esta páxina trata das bacterias con forma espiral. Para o xénero bacteriano ver ''[[Spirillum]]''.''
[[Ficheiro:Spirillen.jpg|300px|miniatura|dereita|Espirilos.]]
Os '''espirilos''' son bacterias de forma espiral. Son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos [[coco]]s, [[bacilo]]s e [[vibrio]]s. Os espirilos son [[Proteobacteria]]s, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: [[Alfaproteobacterias]], [[Betaproteobacterias]], [[Gammaproteobacterias]],
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde só unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos e máis flexibilidade. Os espirilos, á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas e formas de vida. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou [[fixación do nitróxeno|fixadores de nitróxeno]].<ref name=Brock/>
|