Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
Porén, os seus antecedentes remotos están nos innumerables xogos de pelota que se practicaban en todas as épocas e por todo o mundo. Así, existen xa no antigo [[Exipto]], na [[Grecia]] clásica (pheninde, épiscyre e aporrhaxis), algún nomeado en ''[[A Ilíada]]''. O haspartum foi practicado polos lexionarios romanos. Durante a época medieval atopamos rastro do xogo na [[soule]] ó oeste de [[Francia]] e do barette ó sur. O [[calcio italiano|calcio]] xógase en [[Italia]], e nas [[Illas Británicas]] practicábanse xogos como o [[hurling]] en [[Cornualles]] e [[Irlanda]], o ''camp ball'' de East Anglia, o knappam en País de [[Gales]] e o ''ba' game'' dos Borders escoceses. Estes xogos carecían de regras aparentes e non era raro que durante a súa celebración, que se prolongaba durante días, se producise algún morto.
[[ficheiro:RugbyCode-1845-Portada.jpg|thumb|150px|Cuberta orixinal das primeiras regras de rugby, so a denominaciñon xenérica de ''football'']]
 
O primeiro [[club]] de rugby é o Guy's Hospital e foi fundado en [[Inglaterra]] no ano [[1843]]. As primeiras regras escritas datan de [[18461845]]; e a primeira federación, a inglesa (Rugby Football Union), constitúese o [[26 de xaneiro]] de [[1871]]. O primeiro partido internacional dispútase ese mesmo ano entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]] en [[Edimburgo]]. En [[1877]] o número de xogadores redúcese de 20 a 15. Exemplo da influencia británica no rugby atopámolo co torneo con máis carisma no mundo do rugby, o [[Torneo das Seis Nacións]] é o herdeiro directo do 4 nacións que enfrontaba ás 4 seleccións británicas.
A partir de [[Inglaterra]], o rugby popularizouse rapidamente no [[País de Gales]], [[Escocia]], [[Irlanda]] e [[Francia]]. Estes países difundírono polas súas colonias e outros países, arraigando especialmente en [[Sudáfrica]], [[Australia]], [[Nova Celandia]], [[Arxentina]], [[Uruguai]] e as Illas do Pacífico Sur. É aceptado que entre os aborígenes de [[Oceanía]], o rugby substituíu as guerras tribales. Os [[maorí]]é neocelandeses son un pobo especialmente dotado para o rugby, estando a selección de [[Nova Celandia]] (os míticos "[[All Blacks]]") chea de xogadores desta ascendencia. En homenaxe a eles, esta selección empeza os seus partidos coa representación dunha danza tribal de guerra denominada "[[haka]]".