Espirilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
::''Esta páxina trata das bacterias con forma espiral. Para o xénero bacteriano ver ''[[Spirillum]]''.''
[[Ficheiro:Spirillen.jpg|miniatura|dereita|Espirilos.]]
Os '''espirilos''' son bacterias de forma espiral. É un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos [[coco]]s, [[bacilo]]s e [[vibrio]]s. Os espirilos son [[Proteobacteria]]s, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: [[Alfaproteobacterias]], [[Betaproteobacterias]], [[Gammaproteobacterias]], e [[Deltaproteobacterias]], [[Epsilonproteobacterias]].<ref name=Brock>M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxinas 383-386. ISBN 84-205-3679-2.</ref> Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero ''[[Spirillum]]'', que foi un dos primeiros xéneros de [[procariota]]s que se crearon, xa no [[século XIX]] por Ehrenberg en 1832. ''Spirillum'' chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros<ref name=Krieg>Krieg, Noel R. 1976. "Biology of the chemoheterotrophic spirilla." Bacteriological Reviews, vol. 40, no. 1. American Society for Microbiology. Páxinas 55-115 [http://pubmedcentralcanada.ca/pmcc/articles/PMC413939/pdf/bactrev00051-0061.pdf] </ref>, e hoxe nas listas da [[LPSN]] ''Spirillum'' só ten dúas especies.<ref>Xénero ''Spirilum'' {{cite web| url=http://www.bacterio.cict.fr/s/spirillum.html|title=LPSN List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature|author=J.P. Euzéby}}</ref>
 
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos e máis flexibilidade. Os espirilos, á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou [[fixación do nitróxeno|fixadores de nitróxeno]].<ref name=Brock/>
 
Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeirosalgúns foran observados xa por [[Antoni van Leeuwenhoek]]. Algúns espirilos teñen características especiais, como o [[magnetotactismo]] de ''Magnetospirillum'', o fototrofismo de ''Thiospirillum'' ou a fixación do nitróxeno de ''Azospirillum lipoferum''. Os xéneros ''Campylobacter'' e ''Helicobacter'' son patóxenos do aparato dixestivo.<ref name=Brock/>
 
Son espirilos por exemplo os xéneros ''[[Spirillum]]'', ''[[Aquaspirillum]]'', ''[[Oceanospirillum]]'', ''[[Magnetospirillum]]'', ''[[Azospirillum]]'', ''[[Herbaspirillum]]'', ''[[Campylobacter]]'', ''[[Helicobacter]]'', ''[[Bdellovibrio]]'' (similar a un vibrio lixeiramente torsionado), ''[[Ancylobacter]]'' (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), ''[[Thiospirillum]]'' (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).<ref name=Brock/>