Espirilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
</ref>
 
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou [[fixación do nitróxeno|fixadores de nitróxeno]].<ref name=Brock/>
 
Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeiros foran observados xa por [[Antoni van Leeuwenhoek]]. Algúns espirilos teñen características especiais, como o [[magnetotactismo]] de ''Magnetospirillum'', o fototrofismo de ''Thiospirillum'' ou a fixación do nitróxeno de ''Azospirillum lipoferum''. Os xéneros ''Campylobacter'' e ''Helicobacter'' son patóxenos do aparato dixestivo.<ref name=Brock/>
 
Son espirilos por exemplo os xéneros ''[[Spirillum]]'', ''[[Aquaspirillum]]'', ''[[Oceanospirillum]]'', ''[[Magnetospirillum]]'', ''[[Azospirillum]]'', ''[[Herbaspirillum]]'', ''[[Campylobacter]]'', ''[[Helicobacter]]'', ''[[Bdellovibrio]]'' (similar a un vibrio lixeiramente torsionado), ''[[Ancylobacter]]'' (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), ''[[Thiospirillum]]'' (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).<ref name=Brock/>
 
==Notas==