Espirilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
::''Esta páxina trata das bacterias con forma espiral. Para o xénero bacteriano ver ''Spirillum''.''
[[Ficheiro:Spirillen.jpg|miniatura|dereita|Espirilos.]]
Os '''espirilos''' son bacterias de forma espiral. É un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos [[coco]]s, [[bacilo]]s e [[vibrio]]s. Os espirilos son [[Proteobacteria]]s, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: [[Alfaproteobacterias]], [[Betaproteobacterias]], [[Gammaproteobacterias]], e [[Deltaproteobacterias]], [[Epsilonproteobacterias]]. Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero ''[[Spirillum]]'', que foi un dos primeiros xéneros de [[procariota]]s que se crearon, xa no [[século XIX]] por Ehrenberg en 1832. ''Spirillum'' chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros, e hoxe nas listas da [[LPSN]] ''Spirillum'' só ten dúas especies.<ref name=Brock>M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxinas 383-386. ISBN 84-205-3679-2.
</ref>
 
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou [[fixación do nitróxeno|fixadores de nitróxeno]].