Espirilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Os '''espirilos''' son bacterias de forma espiral. É un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos [[coco]]s, [[bacilo]]s e [[vibrio]]s. Os espirilos son [[Proteobacteria]]s, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: [[Alfaproteobacterias]], [[Betaproteobacterias]], [[Gammaproteobacterias]], e [[Deltaproteobacterias]], [[Epsilonproteobacterias]]. Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero ''[[Spirillum]]'', que foi un dos primeiros xéneros de [[procariota]]s que se crearon, xa no [[século XIX]] por Ehrenberg en 1832. ''Spirillum'' chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros, e hoxe nas listas da [[LPSN]] ''Spirillum'' só ten dúas especies.
 
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos patóxenos[[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos.
 
Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeiros foran observados xa por [[Antoni van Leeuwenhoek]]. Algúns espirilos teñen características edspeciaisespeciais, como o [[magnetotactismo]] de ''MagnetiospirillumMagnetospirillum''. Os xéneros ''Campylobacter'' e ''Helicobacter'' son patóxenos do aparato dixestivo.
 
Son espirilos por exemplo os xéneros ''[[Spirilum]]'', ''[[Aquaspirillum]]'', ''[[Oceanospirillum]]'', ''[[Magnetospirillum]]'', ''[[Azospirillum]]'', ''[[Herbaspirillum]]'', ''[[Campylobacter]]'', ''[[Helicobacter]]'', ''[[Bdellovibrio]]'' (similar a un vibrio), ''[[Ancylobacter]]'' (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), ''[[Thiospirillum]]'' (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).