Espirilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
Os '''espirilos''' son bacterias de forma espiral. É un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos [[coco]]s, [[bacilo]]s e [[vibrio]]. Os espirilos son [[Proteobacteria]]s, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: [[Alfaproteobacterias]], [[Betaproteobacterias]], [[Gammaproteobacterias]], [[Deltaproteobacterias]], [[Epsilonproteobacterias]]. Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero ''[[Spirillum]]'', que foi un dos primeiros xéneros de [[procariota]]s que se crearon, xa no [[século XIX]] por Ehrenberg en 1832. ''SpirilumSpirillum'' chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros, e hoxe nas listas da [[LPSN]] só ten dúas especies.
 
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos patóxenos, simbiontes e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos.