29.322
edicións
m (r2.7.1) (Bot: Engado: jv:Annelida) |
(reforma e ampliación) |
{{en uso}}
{{Taxobox
| fossil_range = [[ordovício|ordovícico temperán]] - [[holoceno|actualidade]] <ref>Bydd, G. E. e S. Jennsen (2000): "A critical reappraisal of the fossil record of the bilaterian phyla". ''Biol. Rev. Camb. Philos. Soc. '''75''' (2): 253-95. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10881389 Resume]</ref>
| image = Regenwurm1.jpg
| image_caption = ''[[Miñoca]] europea'', un [[clitelado]]
| image_width = 260px
| regnum = ''[[Animalia]]''
| subregnum = ''[[Eumetazoa]]''
| superphylum = ''[[Lophotrochozoa]]''
| phylum = '''''Annelida'''''
| phylum_authority = [[Jean-Baptiste Lamarck|Lamarck]], 1809
| subdivision_ranks = [[
| subdivision =
* ''[[Polychaeta]]''
* ''[[Clitellata]]
** ''[[Oligochaeta]]''
** ''[[Acanthobdellida]]''
** ''[[Branchiobdellida]]''
** ''[[Hirudinea]]''
* (''[[Archiannelida]]'')
* (''[[Myzostomida]]'')
* (''[[Echiura]]'')
[[Ficheiro:Svømmende blodigle.JPG|miniatura|250px|[[Samesuga]], ''Hirudo medicinalis''.]]
[[Ficheiro:Nereis.gif|miniatura|250px|Movemento dos parápodos de ''Nereis succinea'', un [[poliqueto]].]]
Os '''anélidos''' (''Annelida'', do [[latín]] ''annelus'', "anel pequeno", e o elemento ''-ida'', plural de ''-idus'', do [[lingua grega|grego]] -ίδες ''-ídes'', de είδοσ ''eídos'', "aparencia" "aspecto") son un gran [[filo]] de animais [[invertebrados]] [[triploblástico]]s, [[protóstomo]]s, [[celomados|esquizocelomadoe]], con [[simetría bilateral]], corpo segmentado en aneis e carentes de apéndices articulados.
O corpo dos anélidos está composto por numerosos [[metámero]]s ou aneis similares entre si. A súa anatomía interna reficte a externa, con repetición de diversos órganos en cada metámero.
Describíronse máis de 16.700 [[especie]]s,<ref name=Brusca>Brusca & Brusca (2005)</ref> que inclúen os vermes mariños [[poliquetos]], as [[miñoca|lombrigas de terra]] e as [[samesuga]]s. Encóntranse na maioría dos [[medio ambiente|ambientes]] húmidos, sobre todo no [[mar]], pero tamén en [[auga doce]], e incluso hai especies terrestres.
Cómpre aclarar que na linguaxe popular adoita reunirse a varios grupos de invertebrados baixo o nome de ''[[vermes]]'', termo sen ningún valor [[taxonomía|taxonómico]]; moitas das semellanzas entre estes filos de vermes son [[evolución biolóxica|converxencias evolutivas]] sen ningún valor [[filoxenia|filogenético]]. Non todos os vermes son anélidos. Existen diversos invertebrados co corpo brando, alongado e cilíndrico que non pertencen ao grupo dos anélidos. É o caso, por exemplo, dos [[nematodos]] ou dos [[platihelmintos]], e dalgúns [[artrópodos]], como os [[cempés]], as larvas (bechos) das [[mosca]]s ou as [[eiruga]]s que dan lugar ás [[bolboreta]]s.
== Características ==
Neste grupo intégranse as [[miñoca]]s ([[oligoquetos]]), as [[samesuga]]s ([[hirudíneos]]'') e os vermes mariños (''[[poliquetos]]'') ademais doutros grupos menos coñecidos como [[branquiobdélidos]], [[acantobdélidos]] e [[aelosomátidos]].
A maioría das especies son de vida libre, mais hai especies [[comensalismo|comensais]] e mesmo [[parasito|parasitas]].
Aínda que a maior diversidade de anélidos atópase no mar, son tamén comúns en todos os sistemas de augas continentais, tanto superficiais como suberráneas e no medio terrestre en ambientes húmidos.
O corpo dos anélidos comeza, na súa parte anterior nun elemento chamado [[prostomio]] ao que segue un número variábel de segmentos (aneis) e remata nun elemento final chamado [[pixidio]], no que se abre o ano.
Unha das características máis salientábeis do filo é a verdadeira segmentación ([[metámero|metamerismo]]) do seu corpo (agás prostomio e pixidio).
O corpo está formado por unha serie lonxitudinal de unidades repetidas e semellantes chamados segmentos ou [[metámero]]s, que conteñen cada un deles importantes estruturas anatómicas e funcionais (como son os [[ganglios nerviosos]], os [[nefridio]]s, ou os [[compartimentos celómicos]]).
Outra das características esenciais dos [[anélido]]s é a presenza, en xeral, de [[seda (pelo)|sedas]]. As sedas ou '''quetas''' son estruturas de [[quitina]] dispostas en feixes ou paquetes en cada un dos segmentos e que emerxen, xa directamente da superficie do corpo, xa dunhas expansións da superficie corporal chamadas [[parápodo]]s que serven fundamentalmente para o desprazamento do animal.
Os anélidos que non posúen sedas están xeralmente provistos de unha ou dúas ventosas que utilizan para a locomoción ou ben para ancorarse nun [[hospedador]].
== Anatomía ==
A parede corporal está formada por unha [[epiderme]] cun número variábel de [[células glandulares]] e recuberta por unha fina [[cutícula]] e dúas ou tres capas musculares.
En numerosos anélidos a [[respiración]] é por simple difusión a través da parede do corpo, pero
O [[sistema nervioso]] está formado por un par de ganglios cerebroides máis ou menos fusionados que se unen a un ou dous cordóns nerviosos ventrais e tamén ganglionares mediante dous conectivos que rodean á farinxe (circunfarínxeos).
O [[sistema circulatorio]] é pechado e o [[líquido hemático]] circula por unha rede de vasos e capilares. Destes vasos destaca un grande vaso lonxitudinal dorsal e outro ventral. En moitos [[hirudíneos]] (samesugas) non existen verdadeiros vasos sanguíneos: as substancias e os gases transpórtanse polo [[líquido hemocélico]] que circula por un [[sistema celómico]].
O [[aparato dixestivo]] é completo, recto e simple, aínda que presenta diferentes
A [[excreción]] realízase principalmente mediante [[nefridio]]s, que son órganos
== Reprodución ==
O [[aparato reprodutor]], as estratexias reprodutoras e o desenvolvemento son variábeis entre os diferentes grupos de anélidos.
Nos poliquetos hai individuos machos e femias ([[dioico]]s) as [[gónada]]s son simples e numerosas e están dispostas ao longo de todo o
Os oligoquetos e os hirudíneos son [[monoico]]s (hermafroditas). Os aparatos reprodutores son complexos e está limitados a uns poucos segmentos. A
A reprodución [[asexual]] é un fenómeno habitual sobre todo nalgunhas familias de oligoquetos.
== Filoxenia ==
=== Árbore filoxenética ===
{{clade
|label1='''''[[Annelida]]'''''
|1={{clade
|1={{clade
|1={{clade
|1=algúns ''"Scolecida"'' e ''"Aciculata"''
|2={{clade
|1={{clade
|1={{clade
|1=algúns ''"Canalipalpata"''
|2={{clade
|1={{clade
|1={{clade
|2={{clade
|2=''[[Aeolosomatidae]]''<ref>Un grupo de vermes clasificado por algúns como poliquetos e por outros como clitelados, ver Rouse & Fauchald (1997): "Cladistics and polychaetes".</ref>
|2=algúns ''"Scolecida"'' e ''"Canalipalpata"''
|3={{clade
|1={{clade
|1=algúns ''"Scolecida"''
|2=algúns ''"Scolecida"''
|2={{clade
|1=algúns ''"Canalipalpata"''
|2={{clade
|2=algúns ''"Canalipalpata"''
|2=algúns ''"Scolecida"'', ''"Canalipalpata"'' e ''"Aciculata"''
Grupos de '''anélidos''' e filos incorporados aos anélidos (2007; ''simplificado''). <ref>Struck, T. H.; Schult, N., Kusen, T., Hickman, E., Bleidorn, C., McHugh, D. e Halanych, K. M. (2007): "Annelid phylogeny and the status of Sipuncula and Echiura". ''BMC Evolutionary Biology'' '''7''': 57. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1855331/ Resume]</ref> (''Versión completa''.)<ref>[http://www.biomedcentral.com/1471-2148/7/57/figure/ Versión completa]</ref>
Destacan importantes cambios nas clasificacións tradicionais.
O filo dos anélidos é un grupo cunha posición filoxenética fundamental dentro dos [[protóstomos]] espirais. Xeralmente localízanse entre os [[moluscos]] e os [[artrópodos]] cos que se relacionan fundamentalmente pola larva trocófora (cos moluscos) e a metamería (cos artrópodos).
Para explicar a orixe dos anélidos hai que considerar a orixe do [[celoma]] e da metamería. Neste senso uns investigadores avogan por un antepasado tipo oligoqueto, outros fano por unha forma primitiva tipo poliqueto. Para os autores que consideran o antepasado oligoqueto, o celoma orixinaríase como unha adaptación mecánica para a escavación, e a segmentación como unha adaptación para perfeccionar esta escavación. Os autores que defenden a outra alternativa (antepasado tipo poliqueto) din que o antecesor puido aparecer na capa superficial dos sedimentos e non precisaría escavar senón desprazarse pola superficie e para iso posuiría [[parápodo]]s. O celoma non xurdiría como [[esqueleto hidrostático]] senón para almacenamento e transporte de substancias polo corpo.
Dado que son animais de corpo brando, o seu rexistro [[fósil]] é moi escaso. Estes poucos fósiles pódense adscribir a grupos de poliquetos actuais e situarían a súa orixe no [[precámbrico]] (hai uns 600 millóns de anos) e que a grande radiación dos poliquetos sucedeu a mediados do [[cámbrico]].
Actualmente considérase que existen dúas grandes liñas evolutivas no filo dos anélidos: ''[Polychaeta]]'' ([[poliquetos]] e ''[[Clitellata]]'' [[clitelados]]. A [[Clase (bioloxía)|clase]] dos clitelados inclúe os [[oligoquetos]], [[hirudíneos]], [[branquiobdélidos]] e [[acantobdélidos]].
A liña evolutiva dos poliquetos está marcada polo carácter de organismos dioicos, con moitos pares de gónadas simples, fecundación externa e desenvolvemento indirecto, mentres que a liña evolutiva dos clitelados abranguen anélidos monoicos (hermafroditas), cun número de gónadas restrinxido, con presenza de clitelo e con desenvolvemento directo. Dentro desta liña a condición octogonadal é considerada como primaria: dous pares de testículos e dous pares de ovarios en segmentos (4) consecutivos.
Recentemente Rousset ''et al.'' (2007) utilizando técnicas moleculares e xenéticas establecen o grupo dos clitelados como un [[clado]] [[monofilético]] irmán dos poliquetos, aínda que o grupo dos finofílidos (considerados tradicionalmente como poliquetos) deberían incluírse nese clado.
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
{{Commons}}
{{Wikispecies}}
=== Bibliografía ===
* Barnes, R. D. (1989): ''Zoología de los invertebrados''. 5º ed. México (D.F.): McGraw Hill Interamericana de México. ISBN 968-25-1446-0.
* Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): ''Invertebrados''. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
* Hickman, C. P.; Roberts, L.S. & A. Larson. (1994): ''Zoología. Principios integrales''. 9ª ed. Madrid: McGraw Hill Interamericana de España. ISBN 84-486-0072-X.
* Martínez-Ansemil, E. & J. Parapar (2002): "Os Anélidos". In: ''Proxecto Galicia: Natureza''. Vol. 38. Zooloxía II''. Parte I: Os anélidos e outros Protóstomos. A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-89468-93-1, pp. 24-37.
* Rousset, V.; Pleijel, F.; Rouse, G.W.; Erséus, C. & Siddall, M. E. (2007): "A molecular phylogeny of annelids". ''Cladistics'', '''23''': 41-63.
* Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): ''Invertebrate Zoology'' 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.
=== Outros artigos ===
* [[Miñoca]]
* [[Verme]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.tolweb.org/Annelida ''Annelida''] en Tree of Life. Excelente páxina con abundante información, clasificación e cladograma. {{en}} Consultada o 11/01/2013.
* [http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?v_tsn=64357&taxa=Annelida&p_ifx=&p_lang=es ''Annelida''] en SIIT. {{es}} Consultada o 11/01/2013.
* [http://www.faunaeur.org/full_results.php?id=11252 ''Annelida''] en Fauna Europaea. {{en}} Consultada o 11/01/2013.
* [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=882 ''Annelida''] en World Register of Marine Species, e [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxlist&rComp=%62=&tRank=220&pid=882 Lista de especies] {{en}} Consultadas o 11/01/2013.
* [http://www.fossilmuseum.net/fossils/Annelid-Fossils.htm Fósiles de anélidos]
* [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Annelida.html ''Annelida''] en Animal Diversity Web. {{en}} Consultadas o 11/01/2013.
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?lin=s&p=has_linkout&id=6340 ''Annelida''] en NCBI. {{en}} Consultada o 11/01/2013.
* Antoine Morin, Universidade de Ottawa
[http://simulium.bio.uottawa.ca/bio2525/Notes/Les_Annelides.htm ''Les Annélides''] en BIO2525.{{fr}} Consultada o 11/01/2013.
{{Filos do reino animal}}
[[Categoría:Invertebrados]]
[[Categoría:Anélidos]]
edicións