Diferenzas entre revisións de «Própole»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Engado: ky:Прополис)
m
Historicamente utilizouse para tratar catarros das vías respiratorias altas, [[gripe]], [[sinusite]], [[otite]], [[larinxite]], [[bronquite]], [[asma (doenza)|asma]] [[bronquio|bronquial]], [[pneumonía]] crónica, [[tuberculose]] [[pulmóns|pulmonar]]. Tamén se usou en [[dermatoloxía]] para o tratamento de [[absceso]]s, [[forúnculo]]s, sabañóns, gretas, [[verruga]]s, entre outros danos da [[pel]]. Coñécese que os exipcios utilizaban o propóleo como parte dos ingredientes para conservar as [[víscera]]s dos [[faraón]]s.
 
Obviamente, tamén se utilizou no tratamento de animais con [[glosopeda|febre aftosa]], [[necrose]] [[bacilar]], mamite e [[helmintiase]] en [[ovino]]s, entre outras. Tamén se empregou na confección de finísimas lacas para o pintado de instrumentos musicais de corda, dándolle gran resistencia á [[laca]].
 
A cantidade media que poden producir por colmea durante un ano depende da raza de abella, e acostuma estar entre os 150 g e 300 g.<br />Recoléctase ao comezar a [[primavera]], xa que é necesario na colmea durante os tempos fríos. Para a recolección, o [[apicultura|apicultor]] coloca unha plancha plástica perforada sobre os cadros da colmea que, no momento de recolección, introduce nun conxelador até que o contido se conxela e así poder retiralo máis facilmente; logo introdúceo en auga quente para separar o própole da cera, as abellas mortas ou restos doutros animais. Neste momento o propóleo preséntase como unha substancia similar a unha goma de mascar. Logo toma unha forma granulosa e frouxa, de cor lixeramente escura. O própole consérvase en recipientes de [[vidro]], nunca de [[plástico]], lonxe do [[Ar (atmosférico)|ar]] e da [[luz]].
193.891

edicións