Diferenzas entre revisións de «A Mesa pola Normalización Lingüística»

engadida sentenza do xuizo
(engadida sentenza do xuizo)
A finais dos anos noventa [[SEAT]] sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[SEAT Arousa|Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
 
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o [[A Coruña|Concello da Coruña]] polo nome da cidade. O entón alcalde [[Paco Vázquez]] levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio [[Carlos Callón]] lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por [[Antonio Fraga Mandián]], xuíz decano da [[A Coruña|Coruña]], por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar ''La Coruña''. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego. En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/01/09/carlos-callon-aplaude-sentencia-favor-pide-exjuez-decano-coruna-cumpra-lei/0003_20130120130109132002158.htm Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia]</ref>.
 
== Notas ==
Usuario anónimo