Fran Paredes: Diferenzas entre revisións

actor galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Fran Paredes, nado en Moaña en 1972, é un actor galego. ==Traxectoria:== Licenciouse en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo en 1997. Como actor participou en n..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2013 ás 15:47

Fran Paredes, nado en Moaña en 1972, é un actor galego.

Traxectoria:

Licenciouse en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo en 1997. Como actor participou en numerosas montaxes tanto en teatro escolar e amador, ligado ao grupo Teatrofia Teatral dirixido por Asución Sóñora e posteriormente no grupo Teatro Aurín de Pedro Pablo Riobó, como en compañías profesionais entre as que destacan Teatro de Ningures e Teatro do Morcego e o proxecto Llullu Teatro do que foi cofundador. Actor tamén de audiovisual en numerosas curtas, series para televisión e cine. É tamén tradutor da obra A gata sobre o tellado de zinc quente, para Teatro Aurín. Colaborou en 2007 e 2008 coa ESAD como actor na asignatura de dirección de actores.

Actor de Teatro:

TEATRO DE NINGURES:

2009: Ñaque, de Sanchis Sinisterra. Dirección de Salvador del Río 2009: Atra bile, de Laila Ripoll. Dirección de Etelvino Vázquez 2009: Os cómicos dell’auto 2009: María Soliña 2008: Bailadela da morte ditosa, de R. Vidal Bolaño. Dir. Etelvino Vázquez 2007: Emigrados, vv.aa. Dirección de Etelvino Vázquez 2006: Misericordia, de B. Pérez Galdós. Dirección de Etelvino Vázquez 2005: Tartufo, de Molière. Dirección de Etelvino Vázquez 2004: Troianas, de Eurípides. Dirección de Etelvino Vázquez 2002: Círculo, de Suso de Toro. Dirección de Etelvino Vázquez 2002: O Principiño, de A. De Saint-Exupery. Dir. de Salvador del Río. 2001: Fausto, de Christopher Marlowe. Dirección de Etelvino Vázquez


TEATRO DO MORCEGO:

2006: O caso da Rúa Lourcine, de E. Laviche. Dirección de Xan Cejudo 2005: A farsa do Bululú, de Manuel María. Dirección de Celso Parada 2005: O circo enmeigado, de Rafael Dieste. Versión e dirección de Celso Parada 2000: Os piratas. A branca-rosa, de Sans e Barbany. Dirección de Celso Parada


BALEA BRANCA:

2004: Un tranvía de nome desexo, de T. Williams. Dir. de Damián Contreras



LLULLU TEATRO:

2001: O circo enmeigado, ou a Amazona e os excéntricos, de R. Dieste. Dir: Salvador del Río 1999: Ñaque, ou de piollos e actores, de J. Sanchis Sinisterra. Dirección de Salvador del Río



TEATRO AURIN:

2000: Supertot , de Benet i Jornet e Puértolas 1998/2000: Campaña de animación á lectura, encargado pola Editorial Everest. 1999: Veñan máis quince; dramaturxia de Pedro P. Riobó 1997: Epifanías; vv. aa. ; dramaturxia de Pedro P. Riobó 1996: Nai Coraxe e os seus fillos, de B. Brecht 1994: A gata sobre o tellado de zinc quente, de T. Williams 1993: O tendal, de Pedro P. Riobó


ENGLISH BASEMENT THEATRE GROUP (Fac. Filoloxía Univ. Vigo):

1995: Communication problems, vv. aa. 1993: Our day out, de Willie Russell


CINE (ACTOR)

2008: De la misma sangre, curta de Óscar Galansky (EGACI) 2006: Unha muller invisible, de Gerardo Herrero. Continental Producións 2004: Heroína, de Gerardo Herrero. Continental Producións



TV – VÍDEO (ACTOR)

2009: Curtametraxe Círculo vicioso, de Juan Parcero 2007: Curtametraxe A guerra dos avós, dirixida por Óscar Galansky para a EGACI 2007: Curtametraxe O equipo ascensor, para a Escola de Cine de Vigo 2007: Cap. 55 da serie da TVG A vida por diante (Voz Audiovisual) 2006: Curtametraxe Máis zume para o Obradoiro de Curtametraxes organizado polo concello de Cangas do Morrazo 2003: Cota Vermella (tv-movie), de Jordi Frades. Zenit- Castelao Capítulos 67 a 74 e 162 da serie da TVG Rías Baixas (Zenit Multimedia) 2000: Curtametraxe Adversa Fortuna para a Escola de Imaxe e Son de Vigo.



CURSOS

2009: Training de Máscara e Corpo, por Paulo Serantes 2008: Curso de interpretación ante a cámara, impartido por Moisés Morales (EGACI) 2005: Curso de Dirección, impartido por Cristina Domínguez, organizado pola Mostra de Teatro Cómico-Festivo de Cangas do Morrazo 2004: Curso de Commedia dell´Arte, impartido por Moisés González, organizado pola Mostra de Teatro Cómico-Festivo de Cangas do Morrazo 2004: Curso de Yang Xing-Do, impartido por Miguel Peñalver, organizado pola Fundación Mayeusis (Vigo) 2001: Curso de Commedia dell´Arte, impartido por Antonio Fava, Teatro del Vicolo (Reggio Emilia-Italia). 2001: Curso de Clown, a cargo de Good Idea Company, organizado pola Asociación Galega polo Clown e o Paiaso. (Pontevedra). 2000: Curso de “gags”, a cargo de Jordi Purtí, organizado pola A.A.A.G. (Cangas). 1999: Curso de ortofonía e dicción, a cargo de Cristina Domínguez, organizado pola A.A.A.G. (Cangas). 1999: Curso de expresión corporal e acrobacia, impartido por Shelma Shoregui, organizado pola Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas 1996: I Congreso Internacional de Teoría do Teatro organizado pola Fac. Humanidades da U.Vigo 1993/2000: Traballo intensivo de formación actoral dentro do grupo Teatro Aurin, a cargo de Pedro P. Riobó e Salvador del Río



OUTRAS ACTIVIDADES:

Dirección dos espectáculos A illa amarela (2009), Ópera Pánica (2008), Supermón (2007), Amarelo Molière (2006), Un día na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky (2005), Os tres mosqueteiros... e D´artagnan? (2004), O coleccionista de sombras (2003), Arlechino (2002), Sen sen-so (2001), Paixóns, divinas paixóns (2000) e Vive la musique (1999) para o grupo Comediantes Anónimos do I.E.S. Johan Carballeira de Bueu Profesor do monográfico de Commedia dell´Arte (curso de extensión universitaria). Universidade de Vigo (2007) Dirección do espectáculo A voda de Esganarello para a Asoc. Mulleres de Moaña (2005) Dirección do espectáculo de Commedia dell´Arte Patatín Patatán para o grupo Comediantes sen Senso (2004) Monitor do Curso de Iniciación ó Teatro (curso de extensión universitaria). Campus de Pontevedra da Univ. de Vigo (2002) Dirección do espectáculo A balada do Cárcere de Circe para o grupo Teatre da Aula de Teatro do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo (2001) Monitor do Curso de iniciación ó teatro para a Asociación de Mulleres de Moaña (2000) Monitor de teatro como actividade extraescolar nos colexios Reibón (Moaña) e A Rúa (Cangas), 1999/2000 2º de Grao Medio (especialidade Violín) no Conservatorio Mayeusis de Vigo Participación en diversas lecturas dramatizadas organizadas pola Asociación Cultural Xiria e Teatro de Ningures dirixidas pola actriz Casilda García.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004 , López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005.(Indice de tradutores)