Lobishome: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Lobishome Pontevedra.jpg|miniatura|dereita|Graffiti dun lobishome en Pontevedra.]]
Un '''lobishome''' ou '''home lobo''' é un [[home]] que se cre convertido en [[lobo]] e se comporta como tal. Os lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Tamén se denomina co termo culto '''licántropo'''.
 
== Características ==
A palabra vén do latín "''hominem lupum''" (''home lobo''). Esta figura mítica podería estar relacionada coa enfermidade mental chamada ''kynanthropos'' ou ''lykanthropos nosos'', estudada xa polo médico do tempo de Adriano, Marcelo de Side.
 
Na crenza popular as metamorfoses obedecen a diferentes motivos: á maldición do pai, a ter nado o 24 de [[Nadal]], noite do nacimento de [[Cristo]]; ou a ser o sétimo fillo home (noutras versións, o noveno). Tamén existe a tradición que sinala que un matrimonio que teña sete fillas, e ningún home, ten a obriga de entregar a súa filla, que se converterá en pieirapeeira dos lobos; tamén pode caírcaer a fada por envexa, bruxería ou mal de ollomeigallo que lle fagan a un, ou por unha soberbia que botase el mesmo.
 
O lobishome, de noite cámbiase en lobo de distintos xeitos,. osOs primeiros síntomas da doenza preséntanse en forma de fonda tristura. A seguir, nun día determinado, xeralmente un venres ás doce da noite, foxe da casa e prodúcese a transformación. Fai entón toda clase de ruindades e crimes, especialmente con seres humanos. Namentres anda de lobo, non hai pau, nin pedra, nin arma branca, nin bala que o poida ferir.
Pódese crebar a malafadamala fada de varios xeitos: facéndolle sangue; quitándolle a pel de lobo que leva e, principalmente, queimándolla; sorprendéndoo e descubríndoo cando se emborca na poeira.
 
O máis corrente é que o lobishome soamente ande convertido en lobo por tempadas, ou polas noites, ou durante certos días, e a fada pódelle durar máis ou menos anos.
Liña 14:
Do lobishome correron por Europa centos de historias e casos que deron lugar a causas por bruxería e a escritos de moitas sortes.
Na literatura clásica aparece, como máis citado, o caso do rei [[Lycaon]] de [[Arcadia]], convertido en lobo por [[Zeus]], por terlle dedicado sacrificios humanos, ou por [[Hera]], en vinganza dos amores de Zeus con Calisto, filla daquel rei. O caso de [[Rómulo e Remo]] aseméllase ao dos nosos ''peeiros dos lobos''.
Onde foi máis corrente a crenza é nos pobos xermánicos. HistoriaUnha historia típica é a do cabaleiro que vai de caza, persegue a unha loba e chega a lle cortar unha das patas de diante; de volta ao seu castelo, e atopa a súa muller cun brazo cortado, e botando sangue.
 
== Galicia ==