Armada (mariña): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''Armada''' ou '''mariña de guerra''' é o conxunto de forzas navais dun país. Ten como función a defensa do mesmo por mar, ríos ou lagos, para o..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2013 ás 15:49

A Armada ou mariña de guerra é o conxunto de forzas navais dun país. Ten como función a defensa do mesmo por mar, ríos ou lagos, para o que conta cunha serie de barcos de guerra, coma portaavións, cruceiros, destrutores, fragatas e outras embarcacións. Polo xeral, tamén contan cunha aviación naval e unha infantería de mariña.

Tipos de Armadas

  • Mariña oceánica: é aquela capaz de actuar lonxe das súas augas, en calquera localización e en calquera momento. Contan con portaavións, buques de asalto e submarinos nucleares. Nesta categoría inclúense as mariñas de guerra dos Estados Unidos, Reino Unido, Francia e Rusia.
  • Mariña de alta mar: diferénciase da anterior en que, aínda sendo capaz de actuar lonxe das súas augas territoriais, non pode manter ditas operación durante un tempo prolongado, debido á inexistencia de bases navais no estranxeiro e a unha frota de apoio insuficiente. Son Armadas deste tipo as de España, Italia, Xapón, India e Brasil. Tamén se poden incluír as mariñas de China, Australia, Corea do Sur ou Países Baixos.
  • Mariña costeira: é aquela que só pode operar nas súas augas territoriais, próximas á costa, ouu en augas fluviais. Carecen de portaavións e buques de asalto e, incluso, de grandes barcos de escolta (destrutores ou fragatas). A maior parte das mariñas de guerra do mundo, agás as citadas anteriormente, son de este tipo.