Abrir o menú principal

Cambios

algo máis desde a wiki .es
}}
Sir '''George Martin''', [[Orde do Imperio Británico|CBE]], nado o [[3 de xaneiro]] de [[1926]] en [[Londres]] ([[Inglaterra]]), é un productor discográfico, [[arranxo|arreglista]] , compositor, director de orquestra, enxeñeiro de son e músico inglés, coñecido principalmente por producir case a totalidade dos álbums dos [[Beatles]], entre outros proxectos musicais. Ademais de ser coñecido como o ''Quinto Beatle'', é pai do tamén productor Giles Martin, e do actor Gregory Paul Martin.
==Traxectoria==
Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na [[Segunda Guerra Mundial]], para a [[Royal Air Force]], onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En [[1947]], cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na [[Guildhall School of Music and Drama]] piano, adoptando o oboe como segundo instrumento.
 
Nos anos 1950 foi encomendado a dirixir unha pequena subdivisión da compañía discográfica [[EMI]] en [[Inglaterra]], a [[Parlophone]]. Esta subdivisión encargábase da distribución de [[música clásica]] e grabacións cómicas (destacando sátiras a [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] do actor [[Peter Ustinov]]) e estaba a piques de ser pechada cando [[Brian Epstein]], mánager dos Beatles, convenceu a Martin de que os gravase, logo de infrutuosos intentos por ser gravados entre [[1961]] e [[1962]] (a compañía discográfica [[Decca]] rexeitounos definitivamente). Tratábase da canción "[[Love Me Do]]", que foi un éxito local e xerou divisas para a permanencia de Parlophone, selo que a longo prazo distribuiría os sinxelos e longa duración dos Beatles.
 
O éxito da canción levou aos Beatles a gravar o seu primeiro disco de longa duración en [[1963]], ''[[Please Please Me]]''. Este álbum comezou a relación dos Beatles con Martin como productor, sendo este considerado parte esencial do éxito do cuarteto, chamado ata "o [[quinto Beatle]]".
 
O educado oído de Martin, axuntado ao seu gusto pola música clásica, convertérono nun dos productores máis respectados de todos os tempos, levando aos Beatles a niveis creativos insuperables (que incluían arreglos de cordo, novas técnicas de composición e experimentacións sonoras con diversos estilos e instrumentos). Ademais de ser un revolucionario na técnica: foi o primeiro productor no [[Reino Unido]] en utilizar oito canles de grabación (en dúas [[consolas]] de catro canles cada unha) para o disco ''[[Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band]]'' (1967).
En [[1970]], [[John Lennon]] chamou a [[Phil Spector]] para producir o que sería o álbum póstumo dos Beatles: o controvertido ''[[Let It Be (álbum)|Let It Be]]''. Foi o primeiro traballo do cuarteto non producido por Martin. Coa separación do grupo ese ano, Martin produciu traballos de xente como [[Shirley Bassey]], [[America]] ou [[Bernard Cribbins]].
 
Realizou orquestacións para algunhas películas, entre elas destacan ''[[The family way]]'', para a cal compuxo e orquestrou xunto a [[Paul McCartney]], facéndose acreedores ao [[Premio Ivor Novello]] en 1966. Tamén fixo arreglos para ''[[Yellow Submarine (película)|Yellow Submarine]]'' (1968), filme de animación psicodélica coas cancións dos Beatles e ''[[Live and Let Die ]]'' (1973), da saga de [[James Bond]], de novo xunto a Paul McCartney.
 
Na década dos '90 foi nomeado ''Sir'' pola Raíña de Inglaterra.
 
En [[1993]] traballou con [[Yoshiki]] ([[X Japan]]) para gravar o álbum "[[Eternal Melody]]" xunto á [[Orquestra Filarmónica de Londres]]. O álbum contén temas da banda xaponesa en versións sinfónicas, como "[[Rose of Pain]]" ou "[[Endless Rain]]". Tamén foi introducido ao [[Salón da Fama do Rock]] en [[1999]].
 
É, actualmente, un dos productores máis respectados da historia da música popular, malia non estar en actividade.
 
[[Categoría:The Beatles]]
99.668

edicións