Supergrass: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m →‎Biografía: arranxiño
Liña 15:
'''Supergrass''' foi unha banda de [[rock alternativo]] inglesa formada en [[Londres]] no ano [[1993]]. Está formada por [[Gaz Coombes]] ([[guitarra]] e voz), [[Rob Coombes]] (teclado), [[Danny Goffey]] ([[batería (instrumento musical)|batería]]) e [[Mick Quinn]] ([[baixo]]). Separouse no ano [[2010]] debido a diferenzas crativas entre os membros do grupo.
 
==BiografíaTraxectoria==
Supergrass foi formada en [[1993]] por [[Gaz Coombes]] na voces e na [[guitarra]], [[Mick Quinn]] no [[baixo]] e [[Danny Goffey]] na [[batería (instrumento musical)|batería]]. Antes diso, Goofey e Coombes xa tocaran xuntos na banda Jennifers. O son era practicamente igual ao da banda Ride, e os Jennifers chegaron a lanzar un sinxelo pola [[discográfica]] Nude Records. A historia de Jennifers non dura moito tempo, e Coombes, Goffey e Quinn acaban tomando outro rumbo, formando unha nova banda. As influencias máis evidentes do novo proxecto eran as bandas inglesas dos anos 60, engadíndolle a forza, entusiasmo e enerxía punk de bandas tan díspares como [[Pixies]] e [[Buzzcocks]].
 
A nova banda evoluiu rápido e en pouco tempo xa se presentaba en directo en actuacións de media hora. O primeiro lanzamento de Supergrass foi o sinxelo "Caught By The Fuzz", hoxe en día clásico do [[britpop]]. O sinxelo foi lanzado pola discográfica independente Backbeat, no verán de [[1994]].
 
Eran só 250 copias, pero o sinxelo tivo repercusión. A Parlophone, do xigante grupo EMI contratounos e relanzou "Caught By The Fuzz" en outubro. Desta vez, o sinxelo case entra no top 40 britânico (chegou ao 42) e rendeu eloxios dos medios ingleses, á parte de comentarios positivos do persoal de [[Blur]] e [[Elastica (grupo musical)|Elastica]]. A partir daíde aí as cousas comezaron a andar rápido: concertos como teloneiros de [[Blur]], canción inédita no entón lendario ''Singles Club'' da [[Sub Pop]] e disco de estrea listo para ser lanzado no ano seguinte.
 
O debut, ''[[I Should Coco]]'', chegou ás tendas en maio de [[1995]] e non tardou en alcanzar a cima das listas inglesas. A responsable da fazaña foi a canción "Alright", o hit do verán daquel ano. O seu videoclip axudou á banda a ser coñecida no resto do mundo. Dous sinxelos máis seguiron a este lanzamento, "Time" e "Lenny", que sitúan a Supergrass entre as grandes bandas de [[Inglaterra]].