Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
+
Xoacas (conversa | contribucións)
+
Liña 62:
 
Nos [[Estados Unidos]], a mediados do [[século XIX]], había gran cantidade de centros psiquiátricos que, na práctica, non proporcionaban coidados médicos efectivos, e só nalgúns casos, algún tipo de "terapia moral". Durante as primeiras décadas do [[século XX]] consolidouse a Psiquiatría como especialidade médica, pero as súas premisas de base nacían máis do convencemento de que a [[Ciencia]] era capaz de curar as doenzas mentais que nunha práctica verdadeiramente capaz de facelo. Na segunda década do século a [[Psicanálise]] foise estendendo a medida de se demostraba a súa capacidade no tratamento das [[neurose]]s, e mesmo acabaron por abrirse centros para o tratamento da [[esquizofrenia]] seguindo unha orientación de tipo psicoanalítico. Na década de [[1930]] cobraron forza tratamentos de tipo orgánico para a esquizofrenia, tales como o [[electroshock]] e o [[shock de insulina]], ambos de limitada eficacia. A partir de [[1950]] o peso das terapias recaeu sobre os preparados [[Química|químicos]], contra a esquizofrenia e a [[Depresión (psicoloxía)|depresión]]<ref name= bennet></ref>.
 
== Enfoques históricos na comprensión da loucura ==
[[Michel Foucault]] define tres etapas históricas diferenciadas polos seus diferentes modos de ver a loucura: o seu periodo de liberdade, o momento da "grande internación" e a chegada da Psiquiatría. Segundo Foucault, neste tránsito a loucura acabou por pasar a ser dominio da Medicina, pero ese longo itinerario, que comezou na Grecia Clásica, non rematou ata o século XVII europeo.
 
=== Enfoque mitolóxico-relixioso ===
Aparece xa na antigüidade grega pre-socrática. As obras desta época nas que se pode detectar a concepción dun comportamento excéntrico son a [[Ilíada]] de [[Homero]] e os [[Traballos e días]] de [[Hesíodo]]. Nestes autores a loucura supón sempre a intervención dos deuses sobre a vida dos mortais: son os [[deus]]es os que enloquecen ós homes roubándolles a razón. Desde esta óptica, a loucura é un estado de insensatez ou falta de razón na que o home perde o contacto coa [[realidade]]. A loucura encárnase nunha transgresión das normas sociais, nun comportamento violento e no delirio.<ref name= ferraz>FERRAZ, F.C. ''[http://books.google.es/books?id=ppVD4bO0ffUC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Andarilhos da imaginação: um estudo sobre os loucos de rua]''. Casa do Psicólogo, 2000. {{pt}}</ref>.
 
Esta visión mística da loucura volverá aparecer na Idade Media na chamada [[doctrina demonista]]. Este pensamento foi elaborado por [[Tomás de Aquino]], quen se inspirou en [[Agostiño de Hipona]]. Segundo os demonistas, non era a posesión polo diaño a que causaba a loucura, senón ó contrario, un individuo podía chegar a estar poseído porque estaba tolo. O demonismo actualiza a visión clásica da loucura, imprimíndolle agora a marca da imperfección e da culpa. ademais, o demonismo non restrinxe a concepción da loucura á perda da razón, senón que pasa a abarcar tamén a cobiza, a a ambición desmedida, a luxuria e a falta de respeto ó sagrado<ref name= ferraz></ref>.
 
=== Enfoque psicolóxico ===
=== Enfoque organicista ===
Antes da aparición do movemento demonista houbo un periodo dominado polo enfoque organicista, inspirado en [[Galeno]].
 
== A construción social da loucura ==