Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m - {{enuso}}
Xoacas (conversa | contribucións)
+
Liña 39:
[[Ficheiro:Hieronymus Bosch 053 detail.jpg|miniatura|dereita|[[Hieronymus Bosch]], ''A extracción da pedra da loucura'']]
 
Na [[Idade Media]] occidental a medicina non se diferenciaba esencialmente da [[relixión]]. Para a [[teoloxía]] cristiá a loucura era a expresión da loita entre [[Deus]] e [[Satanás]] pola posesión da [[alma]] do tolo<ref name=torres>TORRES CUBEIRO, M. ''[http://books.google.es/books?id=zYZbPGErPiwC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Orden social e loucura en Galicia]'' (tese doctoral). Univ. Santiago de Compostela, 2009.</ref>.
Durante a [[Idade Media]] os tolos eran atendidos polas súas [[Familia (socioloxía)|familias]] ou vagaban sen residencia estable. Ata o [[século XIV]] non apareceron os primeiros establecementos de reclusión, que permitiron unha radicalización do sistema de exclusión baseado na separación entre razón e loucura<ref name= gil></ref>.
 
Durante a [[Idade Media]] os tolos eran atendidos polas súas [[Familia (socioloxía)|familias]] ou vagaban sen residencia estable. Ata o [[século XIV]] non apareceron os primeiros establecementos de reclusión, que permitiron unha radicalización do sistema de exclusión baseado na separación entre razón e loucura<ref name= gil></ref>.
 
As primeiras institucións para o tratamento da loucura apareceron nos países [[Islam|islámicos]], pero tratábanse maiormente de centros de reclusión nos que non faltaban internos particularmente perigosos para o poder vixente, que eran mantidos alí como modo de anulalos politicamente<ref name= bennet></ref>.
Liña 50 ⟶ 52:
 
A consideración da loucura como doenza mental é algo relativamente recente dentro do noso ámbito cultural. A modo de exemplo, ata o [[século XVII]] as alucinacións auditivas considerábanse experiencias [[Relixión|relixiosas]] e non síntomas de desequilibrio mental. As relixións sempre mantiveron unha estreita relación con todas as formas de loucura, por consideraren que estas estaban próximas ás vivencias místicas.<ref name= bennet></ref>.
 
O tratado de [[Paracelso]] ''Sobre as enfermidades que privan da razón'' inicia a diferenciación teórica das causas naturais das doenzas, entre elas as que afectan ó equilibrio psíquico. Nos asilos que comezan a aparecer nesta época iníciase unha observación médica sistematizada e deles xorden propostas para ordenar racionalmente o tratamento dos alí ingresados<ref name=torres></ref>.
 
En [[España]] a transición cara á consideración da loucura como doenza tivo lugar entre os séculos [[Século XV|XV]] e [[Século XVII|XVII]]. Nesa época fundáronse as chamadas ''casas de tolos'' de [[Sevilla]] ([[1436]]), [[Toledo]] ([[1483]]) e [[Valladolid]] ([[1493]]), e os hospitais de [[Barcelona]], [[Zaragoza]], [[Palma de Mallorca]], [[Granada, España|Granada]] e [[Córdoba, España|Córdoba]] abriron seccións separadas para enfermos mentais. Copiando o modelo español, en [[1548]] fundouse o hospital para tolos de [[Roma]]. Máis tarde [[Bernardino Álvarez]] fundou os hospitais de [[México]], [[Oaxtepec]], [[Xalapa]], [[Perote]], [[San Juan de Ulúa]], [[Guatemala]] e outros entre [[1567]] e [[1574]]. En España tomouse como modelo o Hospital de Inocentes de [[Valencia - València|Valencia]], que pasou a chamarse ''Casa de tolos'' en [[1512]], cando se lle anexionaron os outros hospitais da cidade para formar o Hospital Xeral. En todos eles separábanse ós [[home]]s das [[muller]]es e ós tolos violentos dos pacíficos. Estes centros para tolos fundáronse inicialmente con dous fins complementarios: un asistencial (protexer o tolo dos cidadáns) e outro de policía urbana (protexer os cidadáns do tolo). Aínda que se consideraba que a loucura tiña difícil solución, as casas de tolos daban ós seus internos tratamento médico. Pero a súa función principal non era terapéutica, senón hospitalaria, e consistía en ''"recoller e curar os pobres faltos de xuízo que perdidos e lacazáns, impedidos do seu furor e impelidos da súa loucura, causaban e recibían grandes danos"'', en palabras de [[Sebastián Arias]] ([[1699]]). Aínda así, a loucura seguiu sendo a perfecta excusa para desfacerse de persoas cuxa presenza resultaba incómoda, como proba o feito de que en [[1608]] se mandase queimar a un home que dicía ser fillo do papa [[Paulo V]], que en [[1644]] se encerrase no manicomio a outro que pretendía descender do infante don Carlos ou que en [[1677]] o bufón Ánima del Purgatorio fose mandado pechar no manicomio de Zaragoza por ser sospeitoso de espiar ó rei [[Carlos II de España]] por orde do príncipe [[Xoán Xosé de Austria]]<ref name= atienza></ref>.
 
Na imaxinería popular o tolo era, nese momento, aquel individuo co cal a [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] se facía difícil, dado que empregaba unha linguaxe opaca e incoherente. PorePor este motivo era considerado parvo ou, como diriamos hoxe, [[deficiente mental]]. Pero tamén, noutros casos, desa mesma inintelixibilidade derivaba a súa consideración de persoa con acceso a un saber oculto, que expresaba ese coñecemento dunha forma cifrada. O tolo era considerado ó mesmo tempo inxenioso, o cal se traducía nunha capacidade extraordinaria para facer o mesmo gracias que [[verso]]s, e mesmo adiviñar o futuro<ref name= atienza></ref>.
 
En [[Francia]] foi creado no século XVII o chamado ''Hôpital Général'' (Hospital Xeral), como lugar destinado a recluir ós [[Pobreza|pobres]], ás [[Prostitución|prostitutas]], ós tolos e ós opositores ó réxime [[Absolutismo|absolutista]] sen necesidade de proceso. Tras a [[Revolución francesa|Revolución]] de [[1789]], o novo réxime pretende acabar co Hospital Xeral pola súa condición de símbolo do absolutismo. Pouco despois, durante o período do [[O Terror|Terror]], [[Philippe Pinel]], médico xefe do hospital de [[Bicêtre]], abre as súas portas para deixar en libertade ós seus recursos. Este hospital, destinado a recluir indistintamente a enfermos e criminais, era unha dependencia do Hospital Xeral. Pinel sería máis adiante, xunto co seu alumno [[Esquirol]], o fundador da [[Psiquiatría]]. Pinel defendía que en cada tolo subsiste unha parte de razón, e é nese resto de cordura no que hai que basear a terapia de curación por medio do que el chamou ''"tratamento moral"''<ref name= coupechoux>COUPECHOUX, P. ''[http://www.topia.com.ar/articulos/psiquiatr%C3%AD-francia-negaci%C3%B3n-locura-y-domesticaci%C3%B3n-del-sujeto La psiquiatría en Francia: negación de la locura y domesticación del sujeto]''. {{es}}</ref>.
Liña 68 ⟶ 72:
 
== A loucura en Galicia ==
Cando se fala do tratamento das enfermedades mentais en [[Galicia]] é obrigado facer mención do manicomio de [[Conxo, Santiago de Compostela|Conxo]], inaugurado o [[1 de xullo]] de [[1885]] no edificio do antigo mosteiro. En Galicia, antes da fundación deste manicomio, os tolos eran enviados ós que había noutros lugares de [[España]], ainda que non semella que fose en número significativo: en [[1797]] os tolos do [[Reino de Galicia]] acollidos en manicomios españois ascendían a 38, e en [[1847]] había 41 tolos acollidos en hospitais da [[Coruña]] e [[Santiago de Compostela|Santiago]] e outros dous en cárceres de [[Ferrol]] e [[Ourense]]. En [[1860]] ascenden a 37 os dementes pechados no manicomio de Valladolid<ref name=torres>TORRES CUBEIRO, M. ''[http://books.google.es/books?id=zYZbPGErPiwC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Orden social e loucura en Galicia]'' (tese doctoral). Univ. Santiago de Compostela, 2009.</ref>.