Diferenzas entre revisións de «Esmaragdo de Rávena»

m
+ lig. int.
m (r2.7.3) (Bot: Engado: fr:Smaragde de Ravenne)
m (+ lig. int.)
'''Esmaragdo''' foi [[Exarcado de Ravenna|Exarca de Ravenna]] dúas veces ([[585]]-[[589]] e [[603]]-[[611]]).
 
Esmaragdo foi coñecido pola súa violencia contra os seguidores da [[Controversia dos tres capítulos]]. Ordenou ao [[arcebispo]] cismático de [[Aquileia]] e aos seus seguidores, que estaban en [[Grado, Italia|Grado]], que fosen a [[Ravenna]] para asistiren a un concilio. Como o concilio fracasou na resolución dos asuntos propostos, obrigou ao arcebispo a declarar a súa lealdade ao credo ortodoxo. A súa violencia, xunto coas acusacións supostas de [[loucura]], levaron á súa destitución do cargo no [[589]]. Outros sucesos importantes durante o seu primeiro mandato foi a recuperación de Classis dos [[longobardos]] en [[588]].
 
En [[603]] o [[Imperio Bizantino|emperador bizantino]] [[Focas, emperador|Focas]] restableceu a Esmaragdo no seu posto anterior. Desgraciadamente herdou unha guerra contra os [[longobardos]] do seu predecesor [[Calinico, Exarca|Calinico]], e rexeitou liberar a filla do rei longobardo [[Axilulfo]], así como ao seu home, ambos collidos prisioneiros polos bizantinos en [[601]]. En Xullo de [[603]], [[Cremona]], [[Mantua]], e [[Vulturina]], xunto coa maior parte da Italia setentrional, volveran a mans longobardas, e Esmaragdo foi forzado a liberar os seus reféns para evitar máis perdas. Conseguiu manter a paz cos longobardos durante o resto do seu mandato. Volveu a ser substituído cando Focas foi asasinado, esta vez por [[Xoán I Lemixio, Exarca|Xoán I Lemixio]].
43.147

edicións