Guerras cántabras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Substitúe mapa mal por mapa exacto.
Liña 38:
A división prodúcese, precisamente, como consecuencia e no ecuador da guerra. Ao mesmo tempo, dáse a circunstancia de que [[ástures|Asturiae]] e [[Gallaecia]] ([[Asturias]] e [[Galiza]]) fican encadradas na provincia de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], mentres que [[Cántabros|Cantabria]] fica dentro da provincia [[Hispania Citerior|Citerior]], baixo o control directo do emperador [[César Augusto]] que se presenta, precisamente ese mesmo amo (27 a. C.), en terras cántabras. Este feito implica expresamente que Cantabria non se consideraba aínda unha ''terra pacificada'' e que, polo tanto, necesitaba tropas baixo o goberno do ''legatus augusti propaetore'' para ser pacificada. É máis, desde o ano [[-26|26 a. C.]], o historiador Floro só menciona a cántabros como contendentes e é a partir desta data cando Roma desprega todo o seu poderío militar na rexión.
 
[[Ficheiro:CantabrosCantabria prerromana.pngsvg|miniaturathumb|300px400px|''' Cantabria romana durante o período das Guerras Cántabras'''. O mapa sinala as fronteiras do territorio cántabro en relación coas provincias actuais así como as distintas tribos que o habitaban, os pobos veciños, cidades e accidentes xeográficos interpretados a partir de fontes clásicas.]]
 
En calquera caso, o teatro de operacións quedaría dividido en dous, con Asturias, León e zonas de Zamora e Galiza a un lado, e Cantabria, norte de [[provincia de Palencia|Palencia]] e norte de [[provincia de Burgos|Burgos]] a outro. Neste contexto, o escenario sería atendido independente e simultaneamente por dous legados diferentes, sendo o propio [[Augusto]] quen quedou co control da ''Guerra contra os cántabros'' que duraría sete anos máis.