Artello (artrópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. feita con informacións tiradas das ref. bibliográficas citadas
 
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 3:
[[Ficheiro:Aranna pata.png|miniatura|'''Artellos''' da pata dunha [[araña]]: '''1.''' Coxa. '''2.''' Trocánter. '''3.''' Fémur. '''4.''' Patela. '''5.''' Tibia. '''6.''' Metatarso. '''7.''' Tarso. '''8.''' Pretarso (uñas).]]
[[Ficheiro:Pereopode nl.png|miniatura|Pata dun [[crustáceo]], mostrando os segmentos ou '''artellos'''; el isquio e o mero encóntranse fusionados en moitos [[decápodos]].]]
En [[zooloxía]] chámase '''artello''' (voz patrimonial)<ref>[http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=4301 '''artello''' no dicionario da [[RAG]].]</ref> <ref>Nieto Nafría, J. M. e Mier Durante, M. P. (1985): ''Tratado de Entomología''. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. ISBN 84-282-0748-8, p. 599.</ref> <ref>VV. AA. (2009): ''Gran dicionario Xerais da lingua''. Volume 1. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-09914-071-1.</ref> ou '''artículo''' (termo culto), do [[latín]] ''articŭlus'', "articulación", "xuntura dos ósos (ou dos membros)" (e "os mesmos membros"), "nó" (dos dedos ou das plantas), "parte", "divisíón",<ref>En latín, ''articŭlus, -i'' (s. m.) é o diminutivo de ''artūs, -uum'' (s. m. pl.), "as articulacións", "os membros ou extremidades" (do corpo), e, en poesía "o corpo enteiro").</ref> a cada unha das partes en que se dividen os [[apéndice (artrópodos)|apéndices]] —[[pata (artópodos)|patas]], [[antena (artrópodos)|antenas]] , [[palpo]]s, etc.— dos [[artrópodos]]. Ambas as voces úsanse tamén en [[botánica]].
 
== En botánica ==
En [[botánica]], a voz patrimonial (''artello'') refírese a cada un dos segmentos, comparábeois entre si e claramente limitados que, dispostos en serie lineal, forman parte do [[corpo]] dun [[ser vivo|organismo]], como, por exemplo, os internós do eixe das [[alga]]s do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Chara]]'', as [[célula]]s consecutivas que constitúen o [[talo (talófitas)|talo]] monosifóneo dunha alga filiforme, ou os sucesivos segmentos [[carbonato de calcio|calcificados]] dunha ''[[Corallina]]'' (unha [[Rhodophyta|alga vermella]]).<ref name=FQ>Font Quer, P. (1993)</ref>
 
En cambio, a culta (''artículo'') utilízase para designar non o ''nó'' propiamente dito, senón ao entrenó de certos órganos ''articulados'', é dicir, divididos por fendeduras máis ou menos manifestas en diversos segmentos superpostos, tanto se estes segmentos se separan espontaneamente por segmentación natural, como, por exemplo, nos froitos de ''[[Coronilla]]'' ou de ''[[Ornithopus]]'', como se esta non chega a producirse como, por exemplo, nos [[estame]]s das [[euforbiáceas]]; aplícase tamén este nome a cada un dos [[conidio]]s, ou das [[espora]]s en xeral, candi se dispoñen en series lineais, como sartas de pérolas.<ref name=FQ>Font Quer, P. (1993).</ref>
 
== Nos artrópodos ==
Os artrópodos caracterízanse pola súa [[simetría bilateral]], pola metamerización, é dicir, a divsión do seu [[corpo]] en segmnentossegmentos ou [[metámero]]s, polos seus apéndices articulados, e polo seu [[exoesqueleto]]. Na maior parte deles os metámeros poden diferir polo seu desenvolvemento, a súa estrutura ou a súa función, e tamén poden ser distintos nas diversas rexións do corpo (cabeza, tórax e abdome, algunhas veces, como en [[crustáceos]] e [[arácnidos]], fusionadas as dúas primeiras formando un [[cefalotórax]]). En todos os metámeros que compoñen o seu corpo, excepto o [[ácron]] e o [[telson]] ou pixidio, posúen tipicamente un par de apéndices articulados co corpo e constituídos por unha sucesión de partes, os ''artellos'' ou ''artículos'', articulados entre si, que é precisamente a característica á que deben o seu nome. Estes apéndices, fundamentalmente semellantes entre si, foron destinados en principio para a locomoción, pero curso da evolución, por un lado, desapareceron algúns, e por outro, diversificáronse en relación coas distinrtas funcións que debían desenvolver. Os apéndices articíulanse no segmento comprendido entre o ''[[terguito]]'' e o ''[[esternito]]'', e ocupan unha posición lateral se estes están igualmente
desenvolvidos, pero desprázanse ventralmente se o esternito se reduce.<ref name=D'Ancona>D'Ancona, H. (1972), pp. 621-624.</ref> <ref name=Grassé>Grassé ''et al.'' (1976), pp.485-499.</ref>