Os Cempés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 23:
O grupo chamábase "Os Panxolos", e xa nesa formación dábanlle especial protagonismo á musicada terra con títulos como "Rumba", "O Bico", "Pasodobre da Cabra", "Pasodobre do Berbés" ou "Ruada de Allariz" sen deixar de engadir tamén sons doutras culturas, especialmente as tan en boga naquela época, as chamadas músicas celtas.
 
=OS PANXOLOS=
 
 
 
 
Pepe Muíños (Tin Whistle e Bodhram), Mario Seoane ( Frauta Traveseira e Gaita ), Manel ...? (Guitarra e Mandolina), Carlos e Óscar. Ensaiaban nos recreos e tamén nas horas de clase ( ¿porqué non?). Algúns concertos no instituto animando as manifestacións de turno, nos bares e na única festa na que os contrataron, pero enganáronse de mes e perderon a oportunidade de tocar nun palco de verdade. En fin, acabou o instituto e rompeu a chocolateira, a mili, a Compostela a estudar, as mozas, etc.
Liña 32 ⟶ 29:
Menos mal que por aquela época na prestixiosa agrupación folclórica Terra Meiga había escaseza de gaiteiros, e Carlos seguiu exercitando os seus dedos gaiteiros sempre co baile diante, feito que marcaría o seu estilo e o dos Cempés, no futuro.
 
=O REENCONTRO 1985 e A GRAN VIAXE 1988=
 
 
Os Panxolos non se volveron a xuntar como grupo de músicos, aínda que si moitas veces como seguidores da música e da barra de calquera bar. Carlos montou varios negocios que non deron o resultado esperado, e Óscar entrou a formar parte do grupo Saraibas, aínda que pouco a pouco volvéronse a ver os dous pelexos.
 
A GRAN VIAXE 1988.
O soño de Carlos e Óscar era coller a moto, a gaita e o acordeón e tirar millas sen dirección ata que algunha das tres cousas fallara. Neste tempo, Carlos traballaba duro no seu bar do peirao de Ferrol "La Burla Negra" e visitaba, a poucos metros do bar, o taller do incipiente construtor de gaitas Antón Varela “Tonecho”, sempre animando a súa paixón gaiteira. Él foi quen convenceu aos dous pelexos para viaxar a Saint-Chartier, verdadeira meca do acordeón e a gaita, e onde poucos galegos se deixaban ver daquela.
 
Liña 45 ⟶ 41:
Os cartos dos premios serviron para facer unha gran carallada, chamar á casa, e o máis importante, encher o depósito para a viaxe de volta.
 
=OS PRIMEIROS PÉS.=
 
 
 
 
Á volta do Saint Chartier houbo unha especie de recoñecemento por parte do público, coma ó que vén das Américas… fóra aprécianos ¿iso quere dicir que fano ben?.
Liña 61 ⟶ 54:
Seguían a ser cinco compañeiros amantes da música e a carallada, aínda que algo estaba pasando arredor deles e sen sabelo. Os que os escoitaban e bailaban con eles fóronlles marcando un estilo e afirmándoos coma grupo con personalidade propia.
 
=CEMPÉS 1992 -1995=
 
 
 
Cempés preséntanse como grupo formal (aínda que de formais non tiñan nada) en Cedeira, nun festival benéfico organizado pola Asociación Robaleira. Logo virían o 5º Festival Cidade Vella de Compostela, onde acadaron 1º Premio do apartado de composición, despois o 15º Festival Irmandiño, o festival Le Primtemps de la Cornamuse ( Salieu-Francia) participando na gravación do seu CD conmemorativo, a XI Festa da Carballeira de Zás, a 6ª edicion do prmio Cidade Vella, o 7º ciclo de Músicas Tradicionales de Jerez, a Esmorga Folc de Bandeira, actuacións en Aranjuez, Potes (Cantabria), sempre acudindo ao medio natural dos Cempés: romaxes, festas populares, pubs...
Nestas últimas actuacións viña colaborando como segunda gaita o gaiteiro e artesán Antón Varela, (Tonecho), Carlos botaba de menos o dúo de gaitas que tanto practicara dende os comezos e non atopaba outro gaiteiro co que se axeitara tan ben coma con él.
 
=FOISE CARLITOS=
 
O 17 de marzo de 1995, á volta do concerto de Stephan Grapelli no Pazo de Congresos de Santiago, un dos últimos do incrible violinista, un accidente de tráfico levou a vida do noso amigo Carlos. Foi unha gran proba que tivemos que superar como persoas e como grupo.
 
=OS CEMPÉS=
 
 
 
A formación invitou por unanimidade a Antón Varela a formar parte do grupo, como a máis lóxica alternativa e non rendéndose á perda de Carlos, afrontaron unha morea de concertos, e seguidamente, a gravación do Primerio C. "¡¡Opa iii!!" (edicións Do Fol, agora Fol Música) dedicado a Carlos Zaera e rexistrado en directo, cunha moi boa aceptación por parte do público.
O "Cempés" pasou a ser "Os Cempés" e da man da produtora Nordesía seguiu tomando vilas , festas e festivais sen deixar de preparar o seguinte proxecto, un disco de estudio rexistrado en outubro e novembro do 97, co título "Capitán Re" que foi presentado no teatro Jofre de Ferrol, cheo ata os topes, o 3 de xaneiro do 1998.
 
=CAMBIOS=
 
 
Liña 86 ⟶ 75:
A substitución seméllalles imposible, non son os instrumentos os que se van senón as persoas. Aparece o Jazz.
 
=O JAZ=
 
Os tres pés que quedaron... descobren o concepto de Jazz a segunda das tres ocasións en que visitaron Couso, onde cada ano un dos días da festa dedícase a "as nosas músicas" con grande éxito entre os paisanos e os itinerantes dos festivais do verán.
"Os diplomáticos do acordeón", mítico grupo de Soutelo de Montes e directamente emparentados co famoso gaiteiro da mesma vila, non daban baixado do palco, e o público tampouco paraba de bailar. A percusión constaba dunha batería sen máis, con caixa, bombo, chaston, dous timbais e dous pratos, que serven para todo, e mais.
 
==Toni do Jaz==
 
Toni do Jaz , pioneiro do rock en Ferrol, interesado nos últimos anos pola música tradicional e folk, foi invitado a formar parte do grupo, e logo dalgúns meses preparando o novo proxecto, presentouse nunha foliada organizada polos propios Cempés no cine Avenida, en San Sadurniño, xunto con máis músicos da zona, e case acabaron no soto do local, onde non se parou de tocar e bailar ata moi altas horas da madrugada. A cousa marchaba, aínda que os adeptos ao grupo tardaron un tempo en afacerse aos pratos e á potencia que transmitía o novo pé.
 
=CIRCO MONTECURUTO=
 
 
Liña 105 ⟶ 94:
O disco "Circo Montecuruto" (Fol Música) foi gravado e mesturado dende marzo ata agosto de 2000, e nel interviñeron máis de 20 músicos invitados. No deseño e realización do espectáculo que serviu para presentalo en Ferrol o 30 de decembro, participaron outros 17 artistas máis entre iluminadores, técnicos de vídeo, técnicos de son, a marabillosa Rosalía, marionetistas, malabaristas, e ate debuxantes e toda a vila de Cedeira, protagonista absoluta dos últimos 6 minutos do disco no que se reproducen sons en vivo, e no directo imaxes reais da salvaxe carga policial contra a vila de Cedeira o 1 de xuño do 98. ...¡¡¡¡¡Que non volvan!!!!
 
==OS BAIXOS INSTINTOS DE OSCARÍN==
 
 
Liña 113 ⟶ 102:
O Circo Montecuruto en directo transformouse nunha mensaxe de algarabía contundente, que puido ser visto nos seguintes dous anos en Pontevedra, Tromso e Sommaroy (Noruega), Couso, Alicante, Mondariz, Alcobendas, Porto, Cangas, Barcelona, Lalín, Vic, Burela, e moitos mais.....
 
==MUTANTES==
 
 
Liña 121 ⟶ 110:
¡¡José Piñeiro e Cabe García na Batería e a Guitarra Eléctrica !!
 
=MOE A MOA=
 
 
Liña 133 ⟶ 122:
Moe a Moa é o nome da xira que comeza aos 10 anos de existencia do grupo na que se lembran temas clásicos dos últimos 10 anos de vida do grupo, e sobre todo, o que será o cuarto traballo de OS CEMPÉS.
 
=EN VIGO I EN DIRECTO=
 
 
Liña 139 ⟶ 128:
Aquel novo traballo gravouse nun concerto en Vigo, no auditorio municipal, os días 26 e 27 de setembro de 2003, e despois de tres meses de edición, deseño e burocracia sae á rúa, co selo MadameMir o 26 de decembro de 2003. Chámase "Moe a moa" e foi presentado en 10 concertos que percorreron Galicia durante Xaneiro do 2004. Os Seguintes anos serian unha sucesión de Concertos en Galicia e resto de España ata o ano 2007.
 
=2007 despedida e descanso.=
 
 
Liña 145 ⟶ 134:
Durante este ano Os Cempés despídense dos seus seguidores para tomar un descanso de 3 anos e medio.
 
=A VOLTA DE OS CEMPÉS con TENTEMOZO 2012:=
 
OS CEMPÉS voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto oficial.