O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 126:
Celébrase o [[31 de decembro]], último día do ano ó que debe o nome de ''noitevella'' ou ''ano vello'' <ref>Tamén por contraposición co día seguinte: ''Aninovo''.</ref>. Tampouco se debía traballar nesta data na que tamén, de modo semellante ó que se fai na [[noite de San Xoán]], acostumábanse facer bromas como arrancar cancelas ou levarse os apeiros de labranza.
 
Crese tamén que nesta noite cae unha [[estrela (astronomía)|estrela]] do ceo e desfaise sobre a terra, á vez que nace unha nova estrela para substituíla. Alí onde caían os pedazos sería terra de fecundidade e alegría.
 
Tradicionalmente, no paso do Ano vello para o Ano novo, celebrábase "a queima do facho" ou prender o "lume novo". Esta prática consistía en preparar entre os viciños un ou varios fachos de palla que se prendían despois da cea. O lume novo tiña especial importancia pois pensábase que, durante esa noite, como na de defuntos, as ánimas dos devanceiros devalaban polas aldeas e se aquecían ao seu carón. O lume do facho ou das fogueiras xunto ás que se reunia a viciñanza era levado para as casas e mantido até o mencer, deixándose tamén comida para que os finados da casa participasen da cea dos vivos.
 
O moderno costume de comer doce [[uva]]s ó son das doce badaladas que marcan a medianoite tamén é común en Galicia. Pero en [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]] fano ás 12 da mañá do día 31, costume xurdido hai 10 anos, cando un corte de luz impediu facelo na noitevella [http://www.antena3.com/noticias/cultura/nochevieja-vilagarcia-arousa-mediodia_2009123100042.html].
Liña 134 ⟶ 136:
A noite de San Silvestre era unha das que escollían as [[meiga|bruxas]] para celebra-los [[aquelarre]]s, de aí a expresión popular de ''¡San Silvestre, meigas fora!'' a modo de ensalmo para afasta-los malos augurios.
 
Dentro tamén desta mesma noite, en [[Vilardevós]] préndese o ''lume novo'': fogueiras sobre as que saltan os veciños, do mesmo modo que se fai nas de San Xoán. Tamén se facían en Ourense, no adro das igrexas.
 
==Aninovo==