O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 59:
 
Na [[Comarca do Condado]] adóitase saír á eira cun cirio aceso para saber de onde vén o vento, ás 12 da noite en punto. O lugar desde o que sopre o vento indicará como vai vir o tempo e as colleitas no ano próximo. Así, o vento do Sur indica ano húmido, o nordés avisa que vai ser ano seco, o vento do leste indica un ano de fame e o vento do oeste indica unha anada abondosa.
 
=== O Apalpador ===
 
Personaxe mitolóxico que, baixo diferentes denominacións -[[Apalpador]], [[Apalpador|Apalpa-Barrigas]] ou [[Apalpador|Pandigueiro]]-, é coñecido en diversas comarcas do País. Indica a tradición que se trata dun carboeiro que vive nos montes e nas devesas durante todo o ano e que baixa durante a [[Apalpador|noite do apalpadoiro]], o día [[24 de decembro|24]] ou o día [[31 de decembro]] segundo a zona, para apalpar as barrigas dos meniños e comprobar que comeran ben durante o ano. Se as atopa cheas, murmura "así estexas todo o ano". Se non as atopa cheas non di nada, pero deixa en ambos casos unha presada de castañas.
 
[[Xesús Taboada Chivite|Taboada Chivite]] recolle o ritual propiciatorio de apalpar a barriga dos mais pequenos.
 
Esta tradición comezou a ser recuperada e celebrada por toda a Galiza tras a publicación dun artigo de José André Lôpez Gonçález referente a ela no [[Portal Galego da Língua]] e o traballo de recuperación, documentación e promoción levado a termo por diversos colectivos, entidades, centros sociais, escolas e colexios e persoas de todo o País e nomeadamente pola asociación compostelá [[A Gentalha do Pichel]].
 
Hai diversas cantigas populares arredor do personaxe:
 
:''Vaite logo meu ninín / miña neniña,''
:''marcha agora pra a camiña,''
:''que vai vir o Apalpador''
:''a apalparche a barriguiña.''
 
:''Mañá é día de cachela''
:''que haberá gran nevadara''
:''e vai vir o Apalpador''
:''cunha mega de castañas.''
 
:''Por aquela cemba''
:''xa ven relumbrando''
:''o señor Apalpador''
:''para darvos o aguinaldo.''<ref>Dun cartel editado polo concello de Santiago co programa de actividades para o Nadal de 2010, baixo o lema "Apalpando as ilusións".</ref>
 
==Misa do galo==
Liña 102 ⟶ 127:
 
Crese tamén que nesta noite cae unha [[estrela (astronomía)|estrela]] do ceo e desfaise sobre a terra, á vez que nace unha nova estrela para substituíla. Alí onde caían os pedazos sería terra de fecundidade e alegría.
 
No [[O Courel|Courel]] e no [[Pedrafita do Cebreiro|Cebreiro]] existiu un persoeiro de Nadal que lembra o moderno [[Papá Noel]]: o [[Apalpador]]. Trátase dun vello carboeiro que baixa da montaña na noitevella (aínda que outros o sitúan na noiteboa) a acariña-las barrigas dos rapaces que dormen, de aí o nome de ''noite do apalpadoiro''. Para desexarlles boa comida durante o vindeiro ano deixáballes unha présa de [[castaña]]s. Este persoeiro estase recuperando desde hai poucos anos.
 
O moderno costume de comer doce [[uva]]s ó son das doce badaladas que marcan a medianoite tamén é común en Galicia. Pero en [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]] fano ás 12 da mañá do día 31, costume xurdido hai 10 anos, cando un corte de luz impediu facelo na noitevella [http://www.antena3.com/noticias/cultura/nochevieja-vilagarcia-arousa-mediodia_2009123100042.html].