Proteus anguinus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
==== Fotorreceptores ====
[[Ficheiro:Proteus_anguinus_Postojnska_Jama_Slovenija.jpg|dereita|miniatura]]
[[Ficheiro:P anguinus1.jpg|dereita|miniatura]]
[[Ficheiro:P anguinus-head1.jpg|dereita|miniatura]]
Os ollos do proteo permanecen baixo a [[derme]] da pel, pero aínda así poden percibir a luz, e é posible encontrar exemplares xuvenís que conservan os seus ollos ao descuberto. As larvas teñen ollos normais, pero a medida que avanza o desenvolvemento atrófianse nuns catro meses. A [[glándula pineal]] tamén ten [[Fotorreceptor|células fotorreceptoras]] que, aínda atrofiadas, conservan pigmento visual. A súa glándula pineal probablemente posúe un certo control sobre os procesos fisiolóxicos. Os experimentos de comportamento revelaron que a pel, en si mesma, é tamén sensible á luz. A fotosensibilidade do tegumento é debido ao [[pigmento]] [[melanopsina]] das células especializadas interiores chamadas [[cromatóforo]]s. As inmunoanálises realizadas apoian a existencia de pigmento fotosensible tamén no tegumento do animal.