Diferenzas entre revisións de «Minneapolis, Minnesota»

m
sen resumo de edición
(baterista>batería)
m
}}'''Minneapolis''' é a maior cidade de [[Minnesota]] e o centro do Condado de Hennepin. Linda con [[Saint Paul, Minnesota|Saint Paul]], a capital e segunda maior cidade do estado. Xuntas forman o centro da área metropolitana das Cidades Xemelgas, a decimoquinta maior aglomeración urbana do país, cuns tres millóns de residentes. No censo de [[2000]], a cidade tiña unha poboación total de 382.618 habitantes, o que a convertía na cuadraxesimoséptima maior cidade dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
A cidade atópase na parte sudoestesuroeste do estado e esténdese ao longo do río [[Mississippi]]. Tamén hai 24 lagos na cidade. Este feito levou a Charles Hoag, o primeiro mestre de escola de Minneapolis, a suxerir un nome derivado de ''minne'', a palabra dakota para auga, e ''polis'', a palabra grega para cidade. Outros nomes considerados no seu tempo foron Brooklyn e Albion. A cidade é coñecida tamén como a "Cidade de Lagos", unha expresión que aparece en moitos vehículos e propiedades municipais. O centro xeográfico da cidade está xusto nos 45 graos de latitude norte. Hai unha pedra na parte norte do Parque Wirth que ten unha placa que marca o lugar exacto por onde pasa o paralelo.
 
== Xeografía ==
64.487

edicións