Pasaporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 11:
Unha das primeiras referencias aos pasaportes foi feita no [[-450]] por [[Neemias]], un oficial, ó servizo do [[Rei]] [[Artaxerxes I de Persia|Artaxerxes]] da [[Persia]] antiga, pediu permiso para ir a [[Tribo de Xudá|Xudá]]. O rei concedeullo e deulle unha carta destinada "aos gobernantes da provincia doutro lado do [[río]]" obrigando darlle seguridade, en canto estivese en terras estranxeiras.
 
A orixe do termo pasaporte é controvertido. Segundo algunhas fontes xurdiu en [[Francia]] durante o reinado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], onde o [[soberano]] fornecía aos seus favorecidos [[Carta (mensaxe)|carta]]s requirindo o tránsito dos portadores polos portos, tales misivas eran chamadas "Passe Port" que literalmente significa pasar por un porto no idioma [[lingua francesa|francés]], no cal, a palabra para pasaporte é passeport. Outros afirman que o termo é oriúndo da [[Idade Media]] cando documentos emitidos por autoridades locais pedían autorización para que os seus protexidos puideran pasar polas [[portas]] dos muros das [[cidade]]s. Tales documentos xeralmente contiñan unha lista de cidades entre as cales o seu portador podería circular. Independente da orixe do termo pasaporte, este, mantivo o formato de carta por un longo período e na ausencia de [[fotografía]]s, para a identificación, algúns contiñan descricións físicas do portador. Os primeiros pasaportes con fotografía xurdiron no inicio do [[século XX]].
 
Despois de cada unha das guerras mundiais, primeiramente a Liga das Nacións (conferencia internacional sobre pasaportes, formalidades aduaneiras e vistos, 1920), e máis tarde a [[ONU]] xuntamente coa OACI, organismo internacional regulador da aviación civil, emitirán unha guía para padronizar o formato e características inherentes aos pasaportes. Estas guías foron, en grande parte, as que orixinaron o formato actual dos pasaportes.