Moda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Notas: algo máis desde a wiki .ca
→‎Notas: algo máis desde a wiki .ca
Liña 99:
[[Ficheiro: The Beatles in America.JPG |esquerda |miniatura|170px| A moda Beatle, arriba ao aeroporto JFKennedy en febreiro de 1964]]
En California un reducido grupo de intelectuais formaron a'' beat generation'' cunha nova filosofía de vida baseada na procura da liberdade pero tamén no consumo de drogas e alucinóxenos. En Inglaterra a música Beat, que representaban os [[Beatles]] e os [[Rolling Stones]], coa capacidade de agregar millóns de adolescentes que copiaban a vestimenta dos seus ídolos musicais. Os Beatles levaban pantalóns estreitos e curtos, chaquetas curtas e uniformes do século XIX. Os Stones, máis informales, preferían camisa e pantalóns de satén, colares e brazaletes, e maquillábanse. Nos dous grupos era fundamental o pelo longo que estaban mal vistos nos homes desde facía un século, as cores rechamantes substituían o vestido gris da burguesía.
Londres converteuse na meta dos mozos europeos, [[Barbara Hulanicki]], abre na cidade a tenda [[Biba]], que foi a primeira boutique de moda xuvenil. Os vestidos eran mais coloreados e comodos facendo nas mulleres que o novo modelo feminino xa non fosen as actrices do cine senón as [[Modelo (moda)|modelos]]: [[Twiggy]], [[Jean Shrimpton]], [[Veruska]]. Tamén [[Brigitte Bardot]] gustaba polo seu bronceado sensual, a cola de cabalo e os longos cabelos rizados. En Inglaterra [[Mary Quant]] lanzou en 1964 a minisaia. Inventaron os'' pantys'' de cores. En Francia [[André Courrèges]], foi o único en seguir a moda nova, adoptando as saias curtas, zapatos sen tacón e liñas xeométricas e facendo gran uso dos pantalóns femininos. Audaz e innovador, Courrèges lanzou en 1969 a'' Moda espacial''.
 
[[Paco Rabanne]] lanzou os vestidos metálicos. En 1965 Yves Saint Laurent propuxo a colección ''Mondrian'' que se baseava na pintura de [[Pieter Mondrian]]; eran os anos do [[arte pop | Pop art]] e do [[Op art]], de [[Victor Vasarely]]. [[Andy Warhol]] presenta en 1962 un vestido estampado coas súas famosas latas de sopa Campbell.
 
Finalmente neste periodo xorden os traxes'' Unisex'', coa famosa'' Sahariana'' ideada por Saint-Laurent, vestidos transparentes ao estilo'' Nude look'',. En 1967 apareceu a maxisaia polo gran éxito da película [[Doctor Zhivago (filme)|Doutor Zivago]]. Tamén apareceu a solución intermedia a'' Midisaia''.
==Notas==
{{listaref}}