Provincia do Vierzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 56:
 
Tras un breve periodo no que O Bierzo forma parte da [[provincia de Lugo]]<ref>García de la Foz: "Crónica de la provincia de León", páx. 8</ref> e de [[Provincia de Ourense|Ourense]] e un novo arranxo administrativo no ano 1832 no que se inclúe ao Bierzo como "provincia segregada de Ourense e León",<ref>Matinot, "La provincia", 10-12</ref> o 30 de novembro de 1833 desígnase unha nova división territorial, creada por [[Javier de Burgos]], na que non existe xa ningunha provincia berciana. A antiga provincia do Vierzo, é dividida en tres: a maior parte forma parte da [[provincia de León]] mentres 11 pobos pertencentes, desde antigo, ao meiriñado de Aguiar (Bierzo Oeste) outórganse á [[provincia de Lugo]] e gran parte do que hoxe é a [[comarca de Valdeorras]] (5 municipios actuais) pasan a formar parte da [[provincia de Ourense]]. Segundo o deputado [[León, España|leonés]], Benito Lobato, "''era partidario de deixar para Ourense unha parte do Bierzo con tal de manter a maior porción con León''".<ref>J. Burgueño Rivero, 1995</ref>
 
Posteriormente houbo novos proxectos de organización territorial que contemplaban unha provincia berciana, tamén proposta como Provincia de Ponferrada, pero non chegaron a realizarse.
 
== Notas ==