Provincia do Vierzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 10:
 
Sexa como fóra, necesitábase unha nova división, adecuada aos novos tempos, que sería impulsada pola incipiente burguesía, e para iso facía falta un novo modelo de estado.<ref>Historia do Bierzo. Edición do [[Instituto de Estudios Bercianos]] e o [[Diario de León]]. "La Provincia de El Bierzo". Autor [[Miguel J. García González]]</ref>
 
== Antecedentes históricos ==
[[Ficheiro:Carta Reyes Católicos-Bierzo.jpg|200px|thumb|Carta dos [[Reis Católicos]], dada en Salamanca o 2-12-1486, na que se fala sobre a Igrexa de Santo Tomás de las Ollas que se atopa na ''provincia del Bierso''.]]
Como reflexa na súa obra o coñecido arqueólogo e historiador vallisoletano [[Tomás Mañanes]] na súa obra, "El Bierzo romano y prerromano":<ref>Ed. Centro de Estudios San Isidoro. 1981</ref> "Desde antigo esta zona individualizouse polos seus carácteres propios e vai ter sempre unha consideración señorial e administrativa baseada na súa delimitación xeográfica e a súa importancia estratéxica como lugar de paso".
 
Podemos atopar diversos exemplos desa identidade ao longo da historia do Bierzo, desde o afastado [[século VII]] no que se fala de territorio ''bergidense'', ata cartas no [[1567]] en solicitando unha independencia administrativa. Como pon de relevancia o historiador astorgano [[José María Luengo]], os bercianos seguían chamando, ao Bierzo, provincia, independentemente da fórmula administrativa na que se encadrase [[O Bierzo]].<ref>José María Luengo. "Noticias históricas sobre la provincia del Bierzo". Semanario Promesa, páx. 19 1953</ref> Xa no 1735, na portada da rarísima edición: "Príncipe da historia do soado santuario da nosa Señora das Hermitas", escrito por Juan Manuel de Contreras, di que era cura da parroquial de [[Santalla do Bierzo|Santalla]] "na provincia do Bierzo" e en 1786, [[Tomás López]] realizou un mapa no que se pon de relevo a denominación habitual de "Provincia do Vierzo".
 
En [[1780]] constitúense os partidos de [[Provincia de León|León]], [[Asturias]] e [[Ponferrada]].<ref>Flórez, España Sagrada, t. XVI,20</ref> En [[1789]] divídese a actual provincia de León en tres partes: [[León, España|León]], [[Astorga]] e [[Ponferrada]].<ref>Diccionario Geográfico Universal. D. [[Antonio Vegas]]. 1795</ref>
 
En [[1809]] (durante a ocupación francesa) ao Bierzo chamóuselle Departamento do [[Sil]] converténdose os Partidos que formaban a división de 1780, nos seguintes: Asturias chamouse Departamento do [[Cabo de Peñas]]; León chamouse Departamento do [[Esla]] e Ponferrada, Departamento do Sil.
 
En 1810, o rei [[Xosé Bonaparte]] estableceu unha prefectura en [[Ourense]] da que dependía a subprefectura do Sil (o que actualmente é [[O Bierzo]], [[Laciana]] e [[Comarca de Valdeorras|Valdeorras]]).
 
En resumo: durante o [[Antigo Réxime]], a Provincia de Ponferrada, mantívose, cun carácter administrativo principalmente dentro da actual [[Castela e León]] (e en períodos máis ou menos curtos con Asturias, León e tamén con Ourense) a cal estaba dividida en [[intendencia]]s en torno ás cidades con voto a Cortes.
 
== Notas ==