Diferenzas entre revisións de «Dogma de Anfinsen»

sen resumo de edición
:'''Cineticamente accesible''': a ruta sobre a superficie de enerxía libre desde o estado despregado ao pregado debe ser razonablemente suave ou, noutras palabras, o pregamento da cadea non debe implicar cambios moi complexos na forma (como nós ou outras conformacións de orde elevada).
 
O campo que estuda o [[pregamento de proteínas]] trata sobre como a proteína atingue a súa estruutra nativa, quee aplicaten unoutro dogma relacionado chamado [[paradoxo de Levinthal]]. Este paradoxo afirma que o número de posibles conformacións que pode adoptar unha determinada proteína é astronomicamente grande, de modo que mesmo proteínas pequenas de 100 residuos requirirían máis tempo ca o que leva existindo o Universo para poder explorar todas as posibles conformacións (10<sup>26</sup> segundos) e escoller a apropiada, e facer predicións computacionais das estruturas das proteínas sería tamén inviable ou imposible.
 
Ademais, algunhas proteínas necesitan a asistencia doutras proteínas chamadas [[chaperona]]s para pregarse axeitadamente. Suxeriuse que isto refuta o dogma de Anfinsen. Porén, as chaperonas non parecen afectar ao estado final da proteína, senón que parecen actuar principalmente impedindo a agregación de varias moléculas proteicas antes de que a proteína se pregue.
 
Os [[prión]]s son unha excepción ao dogma de Anfinsen. Os prións son conformacións estavlesestables de proteínas que difiren do estado nativo de pregamento. Na [[encefalopatía esponxiforme bovina]] (enfermidade das vacas tolas), as proteínas nativas volven a pregarse nunha conformación deferentediferente estable, o que causa unha acumulación fatal de [[amiloide]]s. Outras enfermidades amiloides son a [[enfermidade de Alzheimer]] e a [[enfermidade de Parkinson]], que serían tamén excepcións ao dogma de Anfinsen.<ref>{{cite web |url=http://www.yale.edu/rhoadeslab/research.html |title=Protein Folding and Misfolding |publisher=Yale University Rhoades Lab |accessdate=2012-08-24}}</ref>
 
==Notas==
191.158

edicións