Fármaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Notas: algo máis desde a wiki .es
→‎Notas: algo máis desde a wiki .es
Liña 7:
{{AP|Historia da farmacia}}
Desde as máis antigas civilizacións o home utilizou como forma de alcanzar mejoría en distintas enfermidades produtos de orixe vegetal, mineral, animal ou nos últimos tempos sintéticos.<ref>Albarracín,A. et. al. 1.984 ''Historia del medicamento.'' Vol. I. Ed. Doyma S.A. Barcelona. 99 pp.</ref> O coidado da saúde estaba en mans de persoas que exercian a dobre función de médicos e farmacéuticos. Son en realidade médicos que preparan os seus propios remedios curativos, chegando algún deles a alcanzar un gran renombre na súa época, como é o caso do grego [[Galeno]] (130-200). Del provén o nome da ''Galénica'', como a forma adecuada de preparar, dosificar e administrar os fármacos. Na cultura romana existían numerosas formas de administrar as sustancias utilizadas para curar enfermidades. Así, utilizábanse os [[electuario]]s como unha mestura de varios pos de herbas e raíces medicinais aos que se lles engadía unha porción de mel fresco. O mel ademais de ser a sustancia que serve como vehículo dos principios activos, daba mellor sabor ao preparado. En ocasións usábase azucre. Tamén se utilizaba un [[xarope]], o cal xa contiña azucre disolto, no canto de auga e o conxunto preparábase formando unha masa pastosa. Precisamente Galeno fixo famosa a [[Triaca|gran triaca]] á que dedicou unha obra completa, e que consistía nun electuario que chegaba a conter máis de 60 principios activos diferentes. Pola importancia de Galeno na Idade Media, fíxose moi popular durante esta época, deixando de estar autorizada para o seu uso en España en pleno [[século XX]].<ref> Mª del Carmen Francés Causapé [http://www.facaf.org.ar/main/revista/numeros/n19/coleccion%20de%20medicamentos.htm La Colección de medicamentos.]{{es}}</ref>
É precisamente na Idade Media onde comeza a súa actividade o farmacéutico separado do médico. Na súa botica realiza as súas preparacións maxistrales, entendidas como a preparación individualizada para cada paciente dos remedios prescritos, e agrúpanse en gremios xunto aos médicos. No [[renacemento]] vaise producindo unha separación máis clara da actividade farmacéutica fronte a os médicos, ciruxanos e especieiros, mentres que se vai producindo unha revolución no coñecemento farmacéutico que se consolida como ciencia na idade moderna. A formulación maxistral é a base da actividade farmacéutica conxuntamente coa formulación oficinal, debido ao nacemento e proliferación de [[farmacopea]]s e formularios, e esta situación continúa ata a segunda metade do século XIX.<ref> Lastres, J.L. Director do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica. Facultade de Farmacia - Universidade Complutense de Madrid. na
[http://www.ffyb.uba.ar/farmacotecnia%20I/FORMULACION_MAGISTRAL.htm Páxina web da Facultade de Farmacia e Bioquímica da Universidade de Bos Aires.]</ref>
 
A partir deste momento empezan a aparecer os '''específicos''', que consistían en medicamentos preparados industrialmente por laboratorios farmacéuticos. É así, que as formas galénicas non adquirirán verdadeiro protagonismo ata ao redor de 1940, cando a industria farmacéutica desenvólvese e estas comezan a fabricarse en grandes cantidades.
Desde entón ata hoxe en día os xeitos en que se presentan os medicamentos foron evolucionando e a diversidade que atopamos no mercado é moi ampla.<ref name="Alfonso">Domínguez-Gil,Alfonso. Catedrático de Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Salamanca, en declaraciones a revista [http://www.estarbien.com/articulo.asp?idcat=547&idart=351468 Estar bien, edición digital, 8, octubre de 2008, nº 71]</ref>
==Notas==