Xogo do pau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
O xogo do pau comezou un proceso de organización a nivel nacional coa fundación, en 1977, baixo o impulso de Pedro Ferreira, da Associação Portuguesa de Jogo do Pau. As distintas escolas e clubes están hoxe organizadas nunha estrutura de representación, a [[Federación Portuguesa de Xogo do Pau]]. Como proba das vantaxes técnicas do sistema portugués, pódese sinalar que nos campionatos abertos de [[loitas con pau]], que tiveron lugar en [[Francia]] na década de 1980, coa presenza de sistemas de combate do Xapón, Vietnam, Francia e outros países, os combatentes portugueses foron campións absolutos.
 
==O Xogo do pau na Galiza==
 
Entanto en Portugal o Xogo do Pau tivo sempre un certo grao de visibilidade na sociedade, sendo adaptado de esta forma ás convencións e estruturación das artes marciais modernas, a historia nacional da Galiza fixo que esta disciplina sufrise un progresivo esquencimento. Porén, hai ainda persoas vivas que aprenderon na mocidade a xogar o pau, e que empregaron activamente eses coñecimentos en situacións de luita real. Persoas coma [[Isidro Piñeiro]]<ref>Novas da Galiza 109, p. 28: www.novasgz.com/pdf/ngz109.pdf</ref> na costa do Salnés ou grupos coma o [[Jogo do Pau Compostela]]<ref>https://www.facebook.com/groups/172076379597509/</ref> están a recuperar, de primeira man, estas testemuñas e a incorporalas a unha práctica moderna<ref>http://www.youtube.com/watch?v=OEaZcvDM7DA</ref>.
 
[[Categoría:Artes marciais]]