Capón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado info e ligazóns externas
engado info
Liña 2:
 
Segundo a lexislación [[Europa|europea]], só se pode vender o capón baixo a etiqueta de "polo castrado cirurxicamente antes de acadar a súa madurez sexual e sacrificado a unha idade mínima de 150 días; unha vez castrados, os capóns deberán pasar por un período mínimo de engorde de 77 días". (Regulamento CEE nº 1538/91).
 
== Historia ==
A tradición do capón é moi antiga. Os amantes da gastronomía da antigüidade, xa coñecían as características da carne de capón, segundo se desprende da que parece ser a máis remota mención deste, a que figura no [[Pentateuco]], o máis vello texto da [[Biblia|colección bíblica]] que se coñece. E [[Aristóteles]], gran pensador, [[filósofo]] e estudoso das [[ciencias naturais]], xa escribía na súa ''[[Historia Animalum]]'' sobre a arte da preparación do capón.
 
Temos referencias históricas ó capón en libros como ''[[Libro de bo amor]]'' de [[Juan Ruiz]], ([[século XIV]]); ''[[O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha]]'' de [[Miguel de Cervantes Saavedra|Miguel de Cervantes]], (ano [[1615]]) e ''[[La vida del Buscón]]'' de [[Francisco de Quevedo]]. Na [[literatura galega]] tamén podemos atopar referencias, como no xornal [[El Eco de Villalba]] de [[Manuel Mato Vizoso]], [[1908]] ou ''A cociña galega'' de [[Álvaro Cunqueiro]], [[1987]].
 
En tempos pasados o capón era moeda de curso legal. O seu uso máis estendido era o de pago de favores. Na actualidade aínda é posible atopar zonas onde o pago de rendas con capóns segue vivo.
 
== Crianza ==