Abrir o menú principal

Cambios

 
== Acontecementos ==
* [[1512]]: - Promúlganse as ''Reais Ordenanzas dadas para o bo rexemento e tratamento dos indios'', máis coñecidas como [[Leis de Burgos]].
* [[1703]]: - [[Portugal]] e [[Inglaterra]] asinan o ''Tratado de Methuen'', que dá preferencia aos manufaturados ingleses en Portugal e aos [[viño]]s portugueses en Inglaterra.
* [[1763]]: - [[Tratado de Fontainebleau]], polo que os británicos devolven [[Manila]] a [[España]].
* [[1788]]: - [[Luís XVI de Francia]] acepta dobrar o número de representantes do terceiro estado nos [[Estados Xerais]], co que igualan ao de deputados da nobreza e o clero xuntos.
* [[1789]]: - [[Luís XVI de Francia]] convoca os [[Estados Xerais]].
* [[1827]]: - O Comandante [[Bernardino Escribano]] funda o [[Forte Federación]], que máis tarde se converteu na cidade de [[Cidade de Junín|Junín]], na [[provincia de Bos Aires]], na [[Arxentina]].
* [[1831]]: - [[Charles Darwin]] parte de [[Inglaterra]] no bergantín Beagle, á viaxe que lle permitiu desenvolver [[Teoría da evolución|a súa famosa teoría]].
* [[1836]]: - O [[goberno español]] recoñece a independencia de [[México]].
* [[1870]]: - Atentado contra o xeneral [[Juan Prim]] en [[Madrid]]. Alcanzado por varios disparos, morreu tres días despois.
* [[1897]]: - Estrea no teatro da [[Porte-Saint-Martin]] de ''[[Cyrano de Bergerac (teatro)|Cyrano de Bergerac]]'', drama heroico en cinco actos escrito en verso por [[Edmond Rostand]].
* [[1917]]: - Os soviéticos nacionalizan os 18 bancos existentes en [[Rusia]].
* [[1933]]: - [[Guerra do Chaco]]: a tregua entre [[Bolivia]] e [[Paraguai]] prorrógase ata o 15 de xaneiro, con motivo do [[Nadal]].
* [[1934]]: - [[Persia]] comeza a denominarse [[Irán]], por disposición do seu goberno.
* [[1945]]: - [[Corea]] é dividida en dous países: [[Corea do Norte]], cun réxime [[socialismo|socialista]], e [[Corea do Sur]] cun réxime [[capitalismo|capitalista]].
* [[1945]]: - Créase o [[Fondo Monetario Internacional]].
* [[1947]]: - Primeira Constitución [[italia]]na tras a [[Segunda Guerra Mundial]].
* [[1949]]: - [[Países Baixos - Nederland|Holanda]] recoñece a independencia de [[Indonesia]] no marco dunha unión económica entre o arquipélago e a antiga metrópole.
* [[1968]]: - Volve á Terra o [[Apollo 8]] logo de dar dez voltas arredor da [[Lúa]].
* [[1968]]: - Máis de 5.000 mineiros [[Principado de Asturias|asturianos]] en [[folga]], malia ser ilegal en [[España]].
* [[1978]]: - [[España]] adopta a democracia despois de 40 anos de ditadura.
* [[1981]]: - Primeiro concerto de [[Siniestro Total]], no [[Teatro Salesianos]] de [[Vigo]].
* [[1983]]: - O Congreso dos Deputados de España convalida o decreto-lei sobre a reconversión industrial.
* [[1985]]: - [[Barcelona]] solicita oficialmente a organización dos [[Xogos Olímpicos]].
* [[1985]]: - Dous atentados simultáneos contra a compañía aérea israelí [[El-Al]], nos aeroportos de [[Viena]] e [[Roma]], causan 16 mortos e máis de 100 feridos.
* [[1988]]: - O afundimento dun barco en [[Bangladesh]] causa a desaparición de 250 persoas.
* [[1989]]: - O Tribunal Electoral de [[Panamá]] proclama presidente do país a [[Guillermo Endara]].
* [[1993]]: - A [[OLP]] e [[Israel]] negocian no [[O Cairo|Cairo]] un acordo definitivo para [[Gaza, Palestina|Gaza]] e [[Xericó]].
* [[1995]]: - Despois de case 30 anos de ocupación, o exército de [[Israel]] abandona [[Ramala]], sexta localidade de [[Cisxordania]] na que entra en vigor a autonomía palestina.
* [[1997]]: - O líder paramilitar protestante, [[Billy Wright]], é asasinado en [[Irlanda do Norte]]
* [[2002]]: - Dúas bombas explosionan nos cuarteis pro-rusos de [[Grozni]], [[Chechenia]]. 72 personas morren, e outras 200 resultan feridas.
* [[2006]]: - Lanzamento do observatorio espacial europeo [[COROT]].
 
== Nacementos ==
28.204

edicións