Bacillus: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 80:
O xénero ''Bacillus'' foi denominado así en 1835 por [[Christian Gottfried Ehrenberg]] (que tamén nomeou o xénero, hoxe considerado inválido, ''[[Bacterium]]'' sete anos antes) e contiña inicialmente bacterias con forma de bastón, e despois foi emendado por [[Ferdinand Cohn]] para que incluíse bacterias formadoras de esporas, Gram positivas ou variables, con forma bacilar.<ref>COHN (F.): Untersuchungen über Bakterien. Beitrage zur Biologie der Pflanzen Heft 2, 1872, 1, 127-224.</ref> Como outros xéneros creados no inicio da historia da [[microbioloxía]], como ''[[Pseudomonas]]'' ou ''[[Vibrio]]'', os membros do xénero ''Bacillus'' (266 especies<ref>{{lpsn|b/bacillus.html|Bacillus}}</ref>) son moi ubicuos e é un dos xéneros coa maior diversidade ambiental e de secuencias do [[ARNr de 16S]].
Varios estudos intentaron reconstruír a [[filoxenia]] do xénero. O estudo específico de ''Bacillus'' que cubriu unha maior diversidade é o de Xu e Cote', que utilizaron a rexión ITS e o ARNr de 16S, e dividiron o xénero en 10 grupos, que inclúen os xéneros incrustados ''Paenibacillus, Brevibacillus, Geobacillus, Marinibacillus'' e ''Virgibacillus''.<ref>
Un clado formado por ''B. anthracis'', ''B. cereus'', ''B. mycoides'', ''B. pseudomycoides'', ''B. thuringiensis'' e ''B. weihenstephanensis'' nas actuais clasificacións estándar, debería ser unha soa especie (cun 97% de identidade no ARNr de 16S), pero debido a razóns médicas, son considerados especies separadas,<ref>[http://www.bacterio.cict.fr/bacdico/bb/anthracis.html Bacillus Anthracis]</ref> (o que é algo que tamén ocorre con especies do xénero ''[[Shigella]]'' e con ''[[Escherichia coli]]'').<ref>BRENNER (D.J.): Family I. Enterobacteriaceae Rahn 1937, Nom. fam. cons. Opin. 15, Jud. Com. 1958, 73; Ewing, Farmer, and Brenner 1980, 674; Judicial Commission 1981, 104. In: N.R. KRIEG and J.G. HOLT (eds), Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, first edition, vol. 1, The Williams & Wilkins Co, Baltimore, 1984, pp. 408-420</ref>
|