Bacillus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 80:
O xénero ''Bacillus'' foi denominado así en 1835 por [[Christian Gottfried Ehrenberg]] (que tamén nomeou o xénero, hoxe considerado inválido, ''[[Bacterium]]'' sete anos antes) e contiña inicialmente bacterias con forma de bastón, e despois foi emendado por [[Ferdinand Cohn]] para que incluíse bacterias formadoras de esporas, Gram positivas ou variables, con forma bacilar.<ref>COHN (F.): Untersuchungen über Bakterien. Beitrage zur Biologie der Pflanzen Heft 2, 1872, 1, 127-224.</ref> Como outros xéneros creados no inicio da historia da [[microbioloxía]], como ''[[Pseudomonas]]'' ou ''[[Vibrio]]'', os membros do xénero ''Bacillus'' (266 especies<ref>{{lpsn|b/bacillus.html|Bacillus}}</ref>) son moi ubicuos e é un dos xéneros coa maior diversidade ambiental e de secuencias do [[ARNr de 16S]].
 
Varios estudos intentaron reconstruír a [[filoxenia]] do xénero. O estudo específico de ''Bacillus'' que cubriu unha maior diversidade é o de Xu e Cote', que utilizaron a rexión ITS e o ARNr de 16S, e dividiron o xénero en 10 grupos, que inclúen os xéneros incrustados ''Paenibacillus, Brevibacillus, Geobacillus, Marinibacillus'' e ''Virgibacillus''.<ref>{{cite doi|10.1099/Ijs.0.02346-0}}</ref> Porén, a árbore [http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_104/LTPs104_SSU_tree.pdf] construída polo [[proxecto 'The All-Species Living Tree']], que foi unha colaboración entre ARB-Silva e o [[LPSN]] na que se construíu a árbore do ARNr de 16S (e do de 23S se estaba dispoñible) de todas as especies validadas,<ref>{{cite doi|10.1016/J.Syapm.2008.07.001}}</ref><ref>{{cite doi|10.1016/j.syapm.2010.08.001}}</ref> atopou que o xénero ''Bacillus'' contén un gran número de [[taxon]]s incrustados e é parafilético con Lactobacillales (''Lactobacillus, Streptococcus, Staphylococcus, Listeria'', etc.), debido a ''[[Bacillus coahuilensis]]'' e outros. Un estudo de concatenación de xéneros chegou a resultados similares aos de Xu e Cote', pero cun número moito máis limitado de especies en canto a grupos,<ref name="Alcaraz2010">{{cite doi|10.1186/1471-2164-11-332}}</ref> pero usaron ''Listeria'' como un exogrupo, polo que á luz da árbore ARB, pode ser "inside-out".
 
Un clado formado por ''B. anthracis'', ''B. cereus'', ''B. mycoides'', ''B. pseudomycoides'', ''B. thuringiensis'' e ''B. weihenstephanensis'' nas actuais clasificacións estándar, debería ser unha soa especie (cun 97% de identidade no ARNr de 16S), pero debido a razóns médicas, son considerados especies separadas,<ref>[http://www.bacterio.cict.fr/bacdico/bb/anthracis.html Bacillus Anthracis]</ref> (o que é algo que tamén ocorre con especies do xénero ''[[Shigella]]'' e con ''[[Escherichia coli]]'').<ref>BRENNER (D.J.): Family I. Enterobacteriaceae Rahn 1937, Nom. fam. cons. Opin. 15, Jud. Com. 1958, 73; Ewing, Farmer, and Brenner 1980, 674; Judicial Commission 1981, 104. In: N.R. KRIEG and J.G. HOLT (eds), Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, first edition, vol. 1, The Williams & Wilkins Co, Baltimore, 1984, pp. 408-420</ref>