Grupo prostético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Succinate Dehydrogenase 1YQ3 Electron Carriers Labeled.png|miniatura|dereita|Succinato coencima Q redutase ou complexo II]]
 
Os '''grupos prostéticos''' son compoñentes non formados por [[aminoácido]]s, que están fortemente unidos a certas [[proteína]]s, xeralmente de modo [[covalente]]. O conxunto formado polo grupo prostético e a parte formada por aminoácidos constitúe a proteína completa, chamada [[heteroproteína]]. Un exemplo de heteroproteína é a [[mioglobina]], na cal o grupo prostético é un grupo [[hemo]]. Moitas proteínas con grupo prostético son [[encima]]s, e neles o grupo prostético funciona como un [[cofactor]] necesario para que o [[encima]] realice a súa [[catálise]]. Un exemplo de encima deste tipo é a [[piruvato carboxilase]], cuxo grupo prostético é a [[biotina]].
 
Cando a unión do cofactor (orgánico ou inorgánico) non é forte nin permanente durante toda a catálise non debe considerarse como grupo prostético.