Diferenzas entre revisións de «Mustela»

m
sen resumo de edición
m (pequenos erros)
m
}}
 
'''''Mustela''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] da [[familia (bioloxía)|familia]] ''[[Mustelidae]]'', subfamilia ''[[Mustelinae]]''. Pertencen a este xénero o [[armiño]], [[furón]], [[visón]] e a [[donicela]]. O termo [[donicela]] pode referirse ao menor membro do xénero (''Mustela nivalis''), que se coñece simplemente como donicela, donicela común ou denosiña. O xénero posúe 16 especies existentes hoxe en día e 10 delas posúen a palabra ''donicela'' no seu nome común. Por outra banda, outros mustelinos (pertencentes tamén á subfamilia ''Mustelinae'' mais non ao xénero ''Mustela'') posúenteñen aun nome común composto coa palabra ''donicela'' no seu nome común: donicela da Patagonia (''Lyncodon patagonicus''), donicela raiada do Sáhara (''Poecilictis lybica'') e a donicela de pescozo branco (''Poecilogale albinucha'').
 
Os compoñentes do xénero ''Mustela'' varían en lonxitude desde os 13 cm, no caso da donicela común ou donicela menor (''Mustela nivalis''), a uns 55 cm no caso do [[visón americano]] (''Mustela vison''). Algunhas especies de altas latitudes, coma o [[armiño]] (''Mustela erminea'') cambian no inverno a pelaxe a branca. Teñen corpos alongados, útiles para cazar as súas presas nos seus tobos. Usualmente, as súas colas son case tan longas coma o seu corpo. Como é habitual en pequenos carnívoros, as ''Mustela'' teñen reputación de intelixencia e astucia.
19.544

edicións