Pictos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado info da en.wiki
Liña 17:
 
Como pasa coa maioría dos pobos do norte de Europa na [[Idade Antiga|Antigüidade]], os pictos eran granxeiros que vivían en comunidades pequenas: o gando bovino e os cabalos considerábanse un signo de riqueza e prestixio, tamén había gran número de ovellas e porcos. Os topónimos suxiren que a [[transhumancia]] era común entre eles. Os animais en xeral eran pequenos para os estándares posteriores, aínda que os cabalos de Gran Bretaña exportáronse a Irlanda para cruzalos cos cabalos irlandeses e aumentar a súa medida. De fontes irlandeses chegounos que a elite adoitaba competir na cría do armentío para ter as cabezas de gando de maior tamaño e non hai razón para non pensar que os pictos tamén facían o mesmo.
 
== Arte ==
[[Ficheiro:ArtCelteScotlandFibuleExpoClunydetail.jpg|miniatura|O broche de Rogart, Museo Nacional de Escocia, FC2. Fíbula picta, século VIII, prata con ouro e cristal. Classified as Fowler H3 type.<ref>Youngs, no. 111, with a plate showing the decoration much better; Laing, 310</ref>]]
[[Ficheiro:Aberlemnokirkyardcropped.jpg|miniatura|dereita|Pedra Kirkyard de [[Aberlemno]], Clase II [[Pedras pictas]].]]
A arte picta aparece nas pedras, na [[ourivaría]] e en pequenos obxectos de pedra e óso. Ten unha forma distintiva do desenvolvemento xeral da arte celta de precoz medieval de [[La Tène|estilo de La Tène]] con influenzas crecentes da [[arte insular]] do século VII e VIII en Irlanda e [[Nortumbria]], e despois da [[arte anglosaxoa]] e irlandesa da Idade Media. O legado artístico máis característico son as numerosas [[pedras pictas]] que hai por toda Pictia, dende Inverness ata Lanarkshire. Un catálogo ilustrado desas pedras foi producido por J. Romilly Allen como parte do ''The Early Church Monuments of Scotland'', con listas dos seus símbolos e patróns. Os símbolos e patróns consisten en animais, incluída tamén a [[Besta picta]], o "rectángulo", o "espello e peite", o "dobre disco e símbolo Z", alén de moitos outros. Hai tamén patróns e lentes con debuxos en espiral e remuíños. As chamadas cruces forxados son esculpidas con símbolos pictos, os [[entrelazado (arte)|entrelazado]] da arte insular e imaxinería cristiá, aínda que a interpretación é moitas veces difícil, debido ao desgaste e á escuridade. Moitas das imaxes cristiás esculpidas en pedras, como as de David o arpista, David e o león, ou escenas de St Paul e St Anthony no deserto, foron influenciadas pola tradición da [[arte insular]].<ref>Henderson, Isabel,‘"The "David Cycle" in Pictish Art.' Early Medieval Sculpture. Ed. J.Higgitt.
Oxford, 1986. pp. 87-113., ….. ‘The Meeting of Saint Paul and Saint Anthony: Visual and Literary Uses of a
Eucharistic Motif.' Keimelia. Eds. P. Wallace and G.M Niocaill. Galway, 1989. pp 1-58.</ref>
 
O traballo do metal é atopado por toda Escocia e mesmo máis ó sur; parece que os pictos dispoñían unha cantidade considerable de prata, probablemente a partir de incursións máis ao sur ou en pago de impostos. O enorme tesouro de prata do período romano en [[Traprain Law]] puido orixinarse das dúas formas. O máis grande achado de traballo de metais pictos foi atopado en 1819 en [[Norrie's Law]], Fife, pero gran parte do tesouro desapareceu ou foi fundido. Dúas famosas placas de prata con [[Esmalte (revestimento)|esmalte]] do [[século VII]] pertencen a ese tesouro, una amosada enriba, cun símbolo en "Z" cunha forma particularmente ben preservada e elegante. Desafortunadamente poucas pezas comparables sobreviviron.<ref>Youngs, 26-28; [[:File:Pictish symbol silver jewelry hoard norries law.JPG|Poor image of 19th century illustration]]</ref> Arredor de pesadas cadeas de prata, de 0,5m de longo, foron atopadas deste período; a [[Cadea de Whitecleuch]] é unha das dúas que ten un anel penanular, con decoración simbólica esmaltada, o que suxire que moi probablemente fosen usados como colares.<ref>Youngs, 28</ref>
 
No séculos [[século VIII|VIII]] e [[século IX|IX]], após da cristianización, a elite picta adoptou unha particular forma de [[fíbula celta|fíbulas]] de Irlanda, preferindo certos broches penanulares con terminais en lóbulos. Algunhas fíbulas pseudo-penanulares irlandesas tardías foron adoptadas polo estilo picto, como por exemplo a de Breadalbane ([[Museo Británico]]). O tesouro da [[Illa de St Ninian]] ten a mellor colección de exemplos pictos.
 
== Notas ==