Folla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
En [[botánica]], as '''follas''' son órganos das [[planta]]s especializados na captación de [[luz]] e nos intercambios gasosos coa [[atmosfera terrestre|atmosfera]] para realizar a [[fotosíntese]] e a [[respiración]]. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.
 
[[Especie]]s diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do [[eucalipto]] ou da [[acacia de madeira negra]]). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os [[pétalo]]s das [[flor]]es.
 
Este artigo concéntrase nas folla das [[plantas vasculares]], as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os [[brión (botánica)|brións]], posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.